Antares foi o nome dun foguete experimental francés de catro etapas destinado a probar técnicas de reentrada atmosférica para oxivas nucleares. As primeiras tres etapas levaban á cuarta etapa, xunto co vehículo de reentrada, a uns 150 km de altura. Nese momento a cuarta etapa encendíase apuntando cara a Terra para producir unha reentrada a Mach 7. O seu último voo foi en 1961, tras seis lanzamentos exitosos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Berenice (foguete)

Categoría:Foguetes espaciais