A Lira de Ribadavia é unha banda de música de Ribadavia, considerada a banda de música máis antiga de GaliciaALVARELLOS, E., Bandas de Música de Galicia, 1986..

Historia A que pasa por ser a banda de música máis antiga de Galicia segue sen dar atopado a data exacta da súa orixe, aínda que existen documentos do século XIX que xa se refiren á grande afección que naqueles tempos tiña o pobo ribadaviense polas bandas de música. Un documento do Concello de Ribadavia dá conta da regularización salarial que se lle fai aos mestres dunha escola de música, fundada unha década atrás, en recoñecemento do seu traballo, transcendencia e repercusión social na vila.

Denque aquela data promóvese unha Sociedade Filharmónica que vai estar centrada na formación da mocidade, asumindo a súa dirección Luis de Nessone. Durante os anos a banda divídese e únese por desavinzas políticas, destacando A Lira e A Nova Lira, unha liberal e outra conservadora, pero ao pasar dos anos volven converxer na mesma banda que perdura ata a actualidade.

Ten conseguido distintos galardóns como banda en Galicia, Asturias, León e Valencia.

Directores Luís «Mestre» Veneroni (1840-1850) Luís de Nessone (1850-1854) Manuel Calvo (1854-1856) Vicente Reinaldo Rodríguez (1868-1872) Benigno Pousa (1873-1876) Timoteo López Cartavio (1876-1880) Benigno Pousa Pousa (1880-1890) Juan Alonso Veiga (1891-1897) Antonio Freijido Blanco (1897-1899) Francisco Sánchez Sánchez (1900-1903) Fidel Sánchez López (1904-1905) Francisco Freijido (1905-1910) Álvaro Soto Ogando (1910-1911) Juan Serrano Marqués (1911-1912) Adolfo Campos (1912-1922) Camilo Pérez y Pérez (1922-1923) Lilo Pampim (1923-1924) Juan Pomar Queralt (1924-1927) Jesús Núñez (1927) Francisco Escobar Díaz (1927-1928) Manuel Fernández Amor (1928) José Antonio Veiga Paradís (1928-1929) Luis Rafael Brage Villar (1929-1936) Jesús Núñez (1937) Antonio Martínez Carballal (1937) Juan Escudero (1938-1939) Rafael Díaz García (1940) Faustino Temes Diéguez (1941-1942) Moisés García Espinosa (1943-1945) Pedro Orovio Ruíz de Vinaspre (1945-1967) José Franco Silva (1967) Manuel Vázquez Gregorio (1968-1984) Alfonso Salvatierra Mesa (1984-1985) Manuel Vázquez Gregorio (1985-2004) Nicanor Domínguez Cid (2004-2005) José Ángel Presa Carrera (2005-2007) Antonio López Conde (2007-2008) Manuel Vázquez Gregorio (2008-2009) Juan Carlos López Vázquez (2009-2012) Francisco Pérez Rodríguez (2012-2015) Roberto Baltar Gardón (2015-2016) Xavier Oliveira (2016-)

Notas

Categoría:Bandas de música de Galicia Categoría:Ribadavia