Anik (irmanciño, en inuktitut) é unha familia de satélites de comunicacións xeoestacionarios propiedade de Telesat Canada e que proporcionan servizos de televisión para Canadá.
Satélites NomeTipo de satéliteLanzadoRetiradoVehículo de lanzamentoAnik A1Hughes Aircraft HS3339 de novembro de 197215 de xullo de 1982Delta 1914Anik A2Hughes Aircraft HS33320 de abril de 19736 de outubro de 1982Delta 1914Anik A3Hughes Aircraft HS3337 de maio de 197521 de novembro de 1984Delta 2914Anik B1RCA Astro Satcom15 de decembro de 19781 de decembro de 1986Delta 3914Anik C1Hughes Aircraft HS37612 de abril de 19855 de maio de 2003Transbordador espacial DiscoveryAnik C2Hughes Aircraft HS37618 de xuño de 19837 de xaneiro de 1998Transbordador espacial ChallengerAnik C3Hughes Aircraft HS37611 de novembro de 19828 de xuño de 1997Transbordador espacial ColumbiaAnik D1Hughes Aircraft HS37626 de agosto de 198216 de decembro de 1991Delta 3920 PAM-DAnik D2Hughes Aircraft HS3768 de novembro de 198431 de xaneiro de 1995Transbordador espacial DiscoveryAnik E1GE Astro 500026 de setembro de 199118 de xaneiro de 2005Ariane 4Anik E2GE Astro 50004 de abril de 199123 de novembro de 2005Ariane 4Anik F1HS 702 (Boeing 702)21 de novembro de 2000En activoAriane 4Anik F2Boeing 70217 de xullo de 2004En activoAriane 5GAnik F1REurostar E30009 de setembro de 2005En activoProton/Breeze-MAnik F3Eurostar E300010 de abril de 2007En activo Proton/Breeze-M
Anik A miniatura|Foguete Delta co Anik A1 a bordo. Anik A foi a primeira serie de satélites de comunicacións xeoestacionarios do mundo e proporcionáronlle á CBC a capacidade de chegar ó norte canadense por primeira vez. Cada un dos satélites levaba doce transpondedores en banda C e polo tanto tiña capacidade para doce canais de televisión en cor.
Anik B Anik B levaba tamén 12 transpondedores en banda C, como os Anik A, pero levaba ademais seis transpondedores en banda Ku.
Foi lanzado o 15 de decembro de 1978 e foi o sucesor dos Anik A e do satélite experimental de comunicacións CTS, tamén coñecido como Hermes.
A maior parte dos transpondedores estaban adicados a retransmisións da CBC. O operador CNCP Telecommunications tamén usou o Anik B como retransmisor para os seus servizos. O periódico Globe and Mail usou o Anik B para retransmitir copias de impresión a diferentes imprentas ó longo do Canadá.
Anik C Os satélites da serie Anik C tiñan tres veces máis potencia que os da serie A. Levaban dezaseis transpondedores en banda Ku. Anik C-2 foi usado para distribuír as primeiras redes de televisión por pago do Canadá.miniatura|Lanzamento do Anik C-3 desde a bodega de carga do transbordador Columbia.
Anik D Os dous satélites Anik da serie D, con transpondedores en banda C, foron lanzados en 1982 e 1984. Estaban baseados no deseño Hughes 376. Anik D1 levaba o paquete CANCOM para retransmitir sinais de televisión para o seu uso por compañías de cable.
Anik E Anike E1 e E2 foron lanzados a principios da década dos anos 1990 para substituír os Anik D1 e D2. Xa non tiñan a forma cilíndrica dos Anik da serie D.
Anik E2 tivo problemas durante o despregue da súa antena de banda C, que foi despregada con éxito tras varias manobras.
O xoves 20 de xaneiro de 1994, Anik E1 e E2 tiveron problemas debido á actividade solar. E1 fallou primeiro, deixando sen televisión por satélite ao Canadá. Unhas horas máis tarde, Telesat conseguiu recuperar o satélite. E2 fallou posteriormente debido a un problema co xiroscopio, que causou unha perda do apuntado do sinal do satélite. O problema exacto estivo na circuitería relacionada co volante de inercia. E2 non puido ser recuperado durante cinco meses, co que E1 asumiu o seu servizo e os usuarios tiveron que mover as súas antenas para apuntar a este satélite. E2 foi recuperado finalmente mediante o uso de estacións de terra especiais en cada extremo do país que controlaban a posición do satélite e usando os propulsores do satélite para axustar o apuntado e a posición. Esta técnica acortou a vida do satélite, xa que o consumo de propelente previsto orixinalmente era moito menor que o que finalmente se necesitou debido á avaría.
Anik F A serie F é a máis moderna ata o momento de tódolos Anik. Anik F1 foi lanzado o 21 de novembro de 2000 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou, en Kourou. No momento do seu lanzamento foi o satélite de comunicacións máis potente e levaba un sistema de propulsión iónica alimentado por xenon.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Canadian Broadcasting Corporation
Categoría:Satélites artificiais