José García Liñares, nado en Tordoia o 3 de xaneiro de 1950, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

Carreira política Arquitecto técnico. Concelleiro do PSdeG-PSOE en Cerceda, en febreiro de 1995 asumiu a alcaldía en funcións trala inhabilitación de Fernando Martínez González. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura PSdeG-PSOE á alcaldía de Cerceda e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. En marzo de 2011 foi elixido presidente da Federación Galega de Fútbol, ocupando o cargo ata decembro de 2014. Foi deputado provincial entre 1995 e 2011, e novamente de 2015 a 2019.

Condena En xaneiro de 2019 foi condenado a un ano e medio de prisión e 16 anos de inhabilitación por prevaricación e fraude á Administración pola licitación e adxudicación dunha obra en 2015 de 325.000 euros. Negouse a dimitir, e trala anulación do xuízo no que fora condenado puido concorrer ás eleccións municipais de 2019 e acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta á fronte do PSdeG-PSOE. Trala repetición do xuízo e a emisión dun novo fallo condenatorio en xaneiro de 2020 presentou a súa dimisión e foi substituído no mes de febreiro polo tamén socialista Juan Manuel Rodríguez García.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Eleccións municipais en Cerceda

Ligazóns externas Artigo en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Cerceda Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Tordoia Categoría:Nados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes