Hysterical é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Clap Your Hands Say Yeah, editado o 12 de setembro do 2011 no Reino Unido, Europa, Australia e o Xapón, e o 20 nos Estados Unidos. O álbum foi producido por John Congleton e a súa portada deseñouna Maya Pindyck. A banda lanzou os temas "Same Mistake" e "Maniac" como sinxelos, e ámbolos dous podendescargarse dende a súa páxina web. Un vídeo da canción "Maniac" foi realizado polo director belga Dieter Dirkx e apareceu o 14 de setembro.

Listaxe de cancións Todas os temas compostos por Alec Ounsworth. "Same Mistake" "Hysterical" "Misspent Youth" "Maniac" "Into Your Alien Arms" "In a Motel" "Yesterday, Never" "Idiot" "Siesta (For Snake)" "Ketamine and Ecstasy" "The Witness' Dull Surprise" "Adam's Plane"

Categoría:Álbums de Clap Your Hands Say Yeah Categoría:Álbums musicais de 2011