A lingua kanuri é un continuo dialectal falado por aproximadamente catro millóns de persoas en Nixeria, Níxer, o Chad e o Camerún, como tamén por pequenas minorías no sur de Libia e por unha diáspora no Sudán. Pertence ao sub-filo sahariano occidental das linguas nilóticas.
O kanuri é unha lingua asociada cos imperios Kanem e Bornu, que dominaron a rexión do lago Chad durante mil anos. É hoxe falada principalmente nas terras baixas na bacía do Lago Chad. Foi unha lingua franca tradicional, mais recentemente o seu uso vén decaendo.
A maioría dos que a teñen como primeira lingua hoxe falan tamén o hausa ou o árabe. É utilizada en escolas primarias en Nixeria e en Níxer, sendo posible o seu estudo en nivel PhD.
Dialectos Ethnologue divide o kanuri nas seguintes linguas, en canto que algúns lingüistas (Ex. Cyffer 1998) descríbenas como dialectos dunha única lingua: Kanuri central Kanuri Manga Kanuri Tumari Canembu
SIL considera o kanuri unha Macrolingua ISO 639 que agrupa as tres primeiras, sendo o canembu outra lingua.
Escrita O kanuri escribiuse co alfabeto ajami e árabe até o século XVII, especialmente en contextos de xustiza e relixiosos, desde os últimos catrocentos anos. Máis recentemente vén sendo escrito no alfabeto latino nunha versión padronizada con base no dialecto maiduguri. A actual ortografía foi desenvolvida no inicio dos anos 70 e implementada en 1975 en Maiduguri, Nixeria.
Alfabeto A ortografía estándar foi desenvolvida pola Unidade de Investigación Kanuri e polo Kanuri Language Board sobre comando do Visir Abba Sadiq da etnia bornuDictionary of the Kanuri language. Norbert Cyffer, John P. Hutchison, 1990. ISBN 90-6765-412-4].
As letras utilizadas son: a b c d e f g h i j k l m n ny o p r s sh t u w y zConforme alfabeto kanuri —213-99 da República de Níxer (Chantal Enguehard - Université de Nantes) A letra ‘‘schwa’’ usada no kanuri é en Unicode U+01DD e non U+0259, en maiúscula Ǝ U+018E é non Ə U+018F.. Obsérvase a ausencia das letras latinas Q, W e X.
Fonoloxía O kanuri presenta tres tons: alto, baixo e decrecente. Presenta un extenso sistema de enfraquecemento de consoantes - exemplo:, sa- "eles" + -buna "comeron" > za-wuna "eles comeron".
Gramática A secuencia básica das palabras nas oracións en kanuri é Suxeito-Obxecto-Verbo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en kanuri Bibliografía Norbert Cyffer, We Learn Kanuri (libro e 2 casetes de son), ISBN 3-927620-01-7, Rüdiger Köppe Verlag: Köln 1993. Norbert Cyffer, English-Kanuri Dictionary, ISBN 3-927620-44-0, Rüdiger Köppe Verlag: Köln 1994. Norbert Cyffer, A Sketch of Kanuri. Rüdiger Köppe Verlag: Köln 1998.
Ligazóns externas Ethnologue para kanuri Documento para ISO 639 ident.: kau PanAfrican L10n page on Kanuri Alphabet Kanuri Estudos “Kanuri” Omniglot – escrita Kanuri
Categoría:Lingua kanuri Categoría:Linguas saharianas Categoría:Linguas do Camerún Categoría:Linguas do Chad Categoría:Linguas de Níxer Categoría:Linguas de Nixeria