Guillermo Lago Pérez, nado na Gudiña o 26 de xullo de 1944 e finado en Verín o 21 de xaneiro de 2016, foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria dereita|miniatura|Nicho no cemiterio da Gudiña.

Profesionalmente foi funcionario da Xunta. Aínda que inicialmente fora afiliado á UCD e a Coalición Galega, forzas coas que foi concelleiro, nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular á alcaldía da Gudiña e foi elixido alcalde co apoio de Coalición Progresista Galega. Nas seguintes eleccións foi substituído por Néstor Ogando. En outubro de 1992 recuperou a alcaldía mediante unha moción de censura. Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. Faleceu en xaneiro de 2016 por mor dun infartoO alcalde da Gudiña falece dun infarto nunha reunión no hospital de Verín, La Voz de Galicia, 21/01/2016..

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Gudiña

Ligazóns externas Entrevista en Faro de Vigo

Categoría:Alcaldes da Gudiña Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados na Gudiña Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2016