Enniscorthy (en irlandés Inis Córthaidh) é a segunda cidade máis grande do Condado de Wexford (República de Irlanda). A Enniscorthy atravésaa o río Slaney. Está situada no centro do seu condado, a 24 km da vila de Wexford, a capital.
A súa Catedral de St. Aidan é a sede da diocese de Ferns.
Este é o lugar onde se elabora a cervexa George Killian. Aquí naceu o novelista Colm Tóibin.
Enniscorthy foi sede da Cheoil Fleadh en 1967, 1999 e 2000.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do Castelo de Enniscorthy Sitio web do Enniscorthy Town Council
Categoría:Localidades do condado de Wexford