Alfred Bosch Pascual, nado en Barcelona o 17 de abril de 1961, é un profesor de Historia na Universidade Autónoma de Barcelona, ademais de novelista, ensaísta e político catalán. É un moi recoñecido dentro da literatura catalá contemporánea. No plano político está ligado a ERC. Vida Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Autónoma de Barcelona no ano 1984 e doutorado en Historia pola Universidade de Barcelona en 1994 (coa tese Nelson Mandela, l'últim Home-Déu), exerceu de profesor de Historia na Universidade Pompeu Fabra, na Universidade de Chicago, na Universidade de Londres, na Universidade de Ibadan (Nixeria), na Universidade de Witwatersrand (Suráfrica) e na Hood College (Washington).

Escritor En ficción publicou un bo número de novelas, algún libro de relatos e ten colaborado en antoloxías. A súa narrativa adoita contar cunha traballada ambientación histórica, unha notable vocación viaxeira e un tratamento psicolóxico dos personaxes singular. Boa parte das súas obras están traducidas ao castelán, ao francés e ao portugués.

Como ensaísta, centrouse en reflexións sobre a realidade africana, pero tamén fixo incursións no debate sobre Europa e sobre a sociedade catalá.

Ten colaborado en diversos medios de comunicación de forma regular.

Político Entre os anos 2010 e 2011 foi o voceiro de Barcelona Decideix, plataforma transversal que organizou unha consulta popular sobre a independencia na cidade de Barcelona o 10 de abril de 2011.

O 20 de novembro de 2011 foi elixido deputado, como cabeza de lista de Esquerra Republicana de Catalunya en coalición con Reagrupament e Catalunya Sí, da X lexislatura ao Congreso dos Deputados.

Obras Novella L'atles Furtiu, 1998. Premio Sant Jordi de novela Àlia la sublim, 2000 L'Avi, 2001. Premio Nèstor Luján de novela histórica Trilogia 1714, 2002 Les set aromes del món, 2004. Premio Ramon Llull de novela Heretaràs la Rambla, 2005 Inquisitio, 2006. Premio Prudenci Bertrana de novela

Narracións Fulls Impermeables, 1984 Cronicàlia, 1986 Herois d'Azània, 1996. Premio Documenta de narrativa

Ensaio Nelson Mandela, l'últim home-déu, 1995. Premio Carles Rahola de ensaio La via africana, 1997. Premio Joan Fuster de ensaio El imperio que nunca existió, 2001 Europa sense embuts, 2002 Catalans, 2006 I Ara Què?, 2011

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Alfred Bosch Ficha de Bosch

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1961 Categoría:Políticos de ERC Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Profesores da Universidade de Chicago Categoría:Profesores da Universidade de Londres Categoría:Profesores da Universidade de Ibadan Categoría:Profesores da Universidade de Witwatersrand Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona