Francisco José Fernández Pérez, nado en Louredo (Cortegada) o 12 de xullo de 1959, é un farmacéutico e político galego do PPdeG.
Traxectoria miniatura|Papeleta para o Senado nas Eleccións de abril de 2019. Farmacéutico, é titular da oficina de farmacia de Leiro dende 1982. Nas eleccións municipais de 1991 foi elixido concelleiro de Leiro por Converxencia Centrista, integrándose posteriormente cos seus compañeiros de grupo no Partido Popular de Galicia. Nas municipais de 1995 presentouse á alcaldía encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións (1999, 2003, 2007, 2011, 2015, 2019, 2023), sempre con maioría absoluta. Foi deputado provincial (1999-2003 e 2009-2011) e Presidente da Mancomunidade de concellos do Ribeiro dende 2009. Tamén é Presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense (2010-2011).
Nas eleccións xerais de 2011, 2015, 2016, abril de 2019, novembro de 2019 e 2023 presentouse nas listas do Partido Popular ao Senado pola provincia de Ourense e saíu elixido.
Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais en Leiro Ligazóns externas "Francisco José Fernández Pérez: ‘La consigna política era el derribo de la Mancomunidad porque funcionaba bien’" La Región, 6/5/2009 . Ficha no Senado
Categoría:Alcaldes de Leiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Nados en Cortegada Categoría:Nados en 1959 Categoría:Farmacéuticos de Cortegada Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Deputados provinciais de Ourense