Ali é un filme estadounidense dirixido por Michael Mann que se estreou no 2001.
Sinopse Con determinación e resistencia física, agresividade e intelixencia, Muhammad Ali, chamado Cassius Clay antes de converterse ó islam, transformou para sempre a vida de moitos americanos. Os seus combates, tanto fóra como dentro do ring, fixéronlle coñecer tódolos lados da vida. Belinda, a súa esposa; Angelo Dundee, o seu adestrador; Brew Brown, o seu conselleiro; Howard Bingham, o seu fotógrafo e biógrafo; e Fernie Pacheco, o seu doutor, foron testemuñas de excepción do seu comportamento arriscado e das súas accións fóra do común. Así, Ali converteuse nun dos personaxes máis entrañábeis da historia contemporánea dos EEUU. Campión, líder e gran figura dos medios. Ali reunía máis carisma que ninguén. O filme narra a vida, tanto do home como do campión, dende os seus comezos ata a gran pelexa contra Foreman en 1974.
Personaxes Will Smith como Cassius Clay, Jr. / Cassius X / Muhammad Ali Jamie Foxx como Drew Bundini Brown Jon Voight como Howard Cosell Mario Van Peebles como Malcolm X Ron Silver como Angelo Dundee Jeffrey Wright como Howard Bingham Mykelti Williamson como Don King Jada Pinkett Smith como Sonji Roi Nona Gaye como Belinda/Khalilah Ali Michael Bentt como Sonny Liston Michael Michele como Veronica Porsche Ali Joe Morton como Chauncey Eskridge Paul Rodriguez como Doutor Ferdie Pacheco Bruce McGill como Bradley Barry Shabaka Henley como Jabir Herbert Muhammad James Toney como Joe Frazier Giancarlo Esposito como Cassius Clay, Sr. Laurence Mason como Luis Sarria LeVar Burton como Martin Luther King, Jr. Albert Hall como Elijah Muhammad David Cubitt como Robert Lipsyte Charles Shufford como George Foreman Robert Sale como Jerry Quarry Candy Ann Brown como Odessa David Haines como Rudy Clay / Rahaman Ali Leon Robinson como Joe Smiley David Elliott como Sam Cooke Shari Watson como Cantante Malick Bowers como Joseph Mobutu Zaa Nkweta como Anunciante de loita de Foreman Fight Brandon T. Jackson como Cliente do club
Galardóns e nomeamentos 2001: 2 Nomeamentos ó Oscar: Mellor actor principal (Will Smith), actor secundario. 2001: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor bso, actor, actor secundario (Jon Voight).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Michael Mann Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Overbrook Entertainment Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes ambientados en Miami Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados na República Democrática do Congo Categoría:Filmes de 2001 con versión en galego