miniatura|270px|Vista de Panamá, desde a baía homónima. miniatura|270px|Foto satélite do golfo de Panamá (marzo 2003). O golfo de Panamá é un golfo do océano Pacífico, localizado na costa suroriental de Panamá. Ten unha anchura duns 250 km e unha profundidade media duns 220 metros, e abrangue unha área de 2.400 km².WorldWildLife.org . Este golfo é a única vía marítima pola que se pode acceder á canle de Panamá desde o océano Pacífico, que o conecta co mar das Antillas e o océano Atlántico. Pola súa gran cantidade e diversidade de peixes e especies mariñas, o golfo de Panamá está considerado como un dos mellores lugares do mundo para a pesca deportiva.

Existen algúns golfos e baías máis pequenos na súa xeografía, como a baía de Panamá, o golfo de Parita ou o golfo de San Miguel. O río Tuira, o máis importante de Panamá, desemboca na baía de San Miguel. No centro do golfo encóntrase o arquipélago de Las Perlas e nas súas costas atópanse as cidades de Panamá, La Palma e Chitré.

Notas

Véxase tamén

Panamá Categoría:Xeografía de Panamá