A tempada 2009 do Super 14 (actual Super Rugby) foi a 14ª edición da máxima competición mundial de rugby entre franquías, organizada no hemisferio Sur pola SANZAR, entre equipos de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica. Esta edición do torneo contou con 14 equipos, que disputaron unha tempada regular con 13 xornadas, seguida duns playoffs entre os 4 mellores equipos. O campionato foi gañado polos Bulls, o equipo surafricano que acadou así o seu 2º título, vencendo na final ós Chiefs.

A primeira xornada disputouse nos días 13 e 14 de febreiro de 2009, mentres que a final tivo lugar en Pretoria o día 30 de maio de 2009.

Tempada regular EquiposXogadosGañadosEmpatesPerdidosPts A ProlPts ContraDif. PtsBonus PUNTOS 1 Bulls131003338271+67646 2 Chiefs13904338236+102945 3 Hurricanes13904380279+101844 4 Crusaders13814231198+33741 5 Waratahs13904241212+29541 6 Sharks13805282239+43638 7 Brumbies13805311305+6638 8 Force13616328275+451036 9 Blues13508339369−301232 10 Stormers13508235249−14727 11 Highlanders13409254269−151026 12 Lions13409294419−125925 13 Reds133010258380−122618 14 Cheetahs132011213341−128412 Eliminatorias polo título 320px|miniatura|dereita|O Loftus Versfeld de Pretoria acolleu a final.

Estatísticas O máximo anotador de puntos do torneo foi Morné Steyn, con 189 puntos. O máximo anotador de ensaios foi Ma'a Nonu con 9.

Véxase tamén Outros artigos Super 14 2008 << Tempada 2009 >> Super 14 2010 Ligazóns externas Resultados históricos do Super 14

2009 Categoría:Rugby en 2009