A fosfocolina ou fosforilcolina é unha molécula intermediaria na síntese dos fosfolípidos fosfatidilcolina e esfingomielina nas células animais. A fosfocolina está formada pola colina unida a un fosfato PubChem Compound Phosphorylcholine.
Orixínase nunha reacción catalizada polo encima colina quinase, que converte ATP + colina en fosfocolina e ADP. Despois a fosfocolina reaccióna co CTP orixinando CDP-colina, e noutra reacción encimática transfírese a fosfocolina a un diacilglicérido formando a fosfatidilcolina e CMP libre.
A fosfocolina pode transferirse dunha fosfatidilcolina a unha ceramida, orixinando unha esfingomielina.
Nos nematodos e na placenta humana a fosfocolina pode utilizarse como unha modificación postraducional para suprimir a resposta inmune no hospedador.
A fosfocolina é tamén unha das dianas á que se unen as proteínas C-reactivas (CRP). Cando as células están danadas, as proteínas C-reactivas únense á fosfocolina dando inicio ao recoñecemento celular e á resposta inmunolóxica fagocítica.
A fosfocolina como grupo funcional (fosforilcolina) forma parte de diversos produtos aplicados en doenzas cardíacas tratadas con stents.A.L. Lewis, L.A. Tolhurst and P.W. Stratford, Analysis of a phosphorylcholine-based polymer coating on a coronary stent pre- and post-implantation, Biomaterials 23 (2002), pp. 1697–1706. https://dx.doi.org/10.1016/S0142-9612(01)00297-6. Consultado o 2009-02-09
Notas
Véxase tamén Outros artigos Fosfolípido Colina Fosfoetanolamina
Ligazóns externas Phosphocholine 3D Structure Viewer
Categoría:Organofosfatos Categoría:Compostos de amonio cuaternario