A Berliner Philharmoniker (en galego, Orquestra Filharmónica de Berlín), anteriormente coñecida como Berliner Philharmonisches Orchester é unha orquestra filharmónica da cidade de Berlín (Alemaña).
Historia miniatura|120px|esquerda|Selo alemán conmemorativo do centenario da institución, deseñado por Reinhold Gerstetter Foi fundada en 1882 No 2006, un grupo de dez medios europeos votaron á Berliner Philharmoniker como a terceira da lista das "dez mellores orquestras europeas" por detrás da Wiener Philharmoniker e a Koninklijk Concertgebouworkest,(Playbill Arts) Matthew Westphal, "The Top Ten European Orchestras, According to Ten European Media Outlets", 10 October 2006. mentres que no 2008 foi votada como a segunda mellor orquestra do mundo segundo unha orquestra levada a cabo pola revista especializada británica Gramophone (por detrás do Concertgebouw).Chicago Symphony Tops U.S. Orchestras A súa principal sede dende 1963 é o Berliner Philharmonie, situado na zona do Kulturforum, debido á destrución na segunda guerra mundial da súa antiga sede. Dende o 2002, o seu director principal é o inglés Sir Simon Rattle. A Berliner Philharmoniker serve tamén de base a moitos grupos de música de cámara. O financiamento da organización está subvencionado pola cidade de Berlín e unha asociación con Deutsche Bank.
Directores da Berliner Philharmoniker Ludwig von Brenner (1882–1887) Hans von Bülow (1887–1892) Arthur Nikisch (1895–1922) Wilhelm Furtwängler (1922–1945) Leo Borchard (maio – agosto 1945) Sergiu Celibidache (1945–1952) Wilhelm Furtwängler (1952–1954) Herbert von Karajan (1954–1989) Claudio Abbado (1989–2002) Simon Rattle (2002–2018) Kirill Petrenko (dende 2019)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Berliner Philharmonie
Ligazóns externas Sitio web oficial da Berliner Philharmoniker Sala de concertos dixital da Berliner Philharmoniker "Economic Crisis Puts the Squeeze on Arts", artigo do 2003 no Deutsche Welle Discografía en SonyBMG Masterworks Sitio web dobre Kulturforum am Potsdamer Platz Sitio web do Bolero Berlin