A comarca de Campoo-Los Valles (pronunciado Campó) é unha comarca histórica e xeográfica de Cantabria (España) situada no Alto Ebro, de algo máis de 1.000 km². A súa cota máis elevada está no pico Cuchillón (2.225 msnm), e a máis baixa en Pesqueira (560 msnm), estando Reinosa a 850 msnm.

Orixinariamente, segundo se recolle no Libro dos Meiriñados de Castela ou Becerro das Behetrías de Castela (de aproximadamente 1352), o Meiriñado de Aguilar de Campoo comprendía tanto municipios do sur da actual Cantabria, como do norte da provincia de Palencia e da de Burgos, sendo a súa capital a hoxe palentina Aguilar de Campoo, antiga cabeza do vasto Marquesado de Aguilar de Campoo. Posteriormente, a capitalidade trasladouse a Reinosa, cidade que segue ostentando esta condición. O Campoo palentino, quedou tras a división provincial, con Aguilar como poboación máis importante, e englobado actualmente na ampla comarca da Montaña Palentina.

A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da Comunidade Autónoma de Cantabria.

Concellos Concellos máis poboados da comarcaPosiciónConcelloPoboación1ºReinosa||align=right|10.370 |- |2º||align=left|Campoo de Enmedio3.9323º'''Hermandad de Campoo de Suso1.946 Campoo de Enmedio Campoo de Yuso Hermandad de Campoo de Suso Las Rozas de Valdearroyo Pesquera Reinosa Santiurde de Reinosa San Miguel de Aguayo Valdeolea Valdeprado del Río Valderredible

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Campoo-Los Valles