O RheinStars Köln é un club de baloncesto da cidade de Colonia, no estado de Renania do Norte-Westfalia, que xoga na ProB, a terceira categoría do baloncesto alemán. O maior éxito do club foi a consecución da Basketball Bundesliga, máxima competición do baloncesto xermano, no ano 2005, o que lle serviu para participar na Euroliga, alén das tres Copas de Alemaña gañadas en 2004, 2005 e 2007. Porén, en xaneiro de 2008 o club desclárase insolvente e é relegado a categorías inferiores.
Historia O equipo foi fundado en 1999 co nome de Cologne 99ers. No ano 2001 reciben o patrocinio da compañía enerxética RheinEnergie, que apoia ao club até o ano 2007, ano no que o club toma o nome de Köln 99ers. Alén de gañar as Copas de Alemaña de 2004, 2005 e 2007, o maior éxito do club foi a consecución da Liga de Alemaña en 2006, o que lles permitiu participar na edición 2006-07 da Euroliga. Durante a súa participación na máxima competición continental o club xogou os seus partidos como local no Philips Halle de Düsseldorf. O 21 de xaneiro de 2008 o club anuncia que é insolvente, sendo relegado a categorías inferiores do baloncesto xermano. No ano 2013, o club foi relanzado co nome RheinStars Köln na Oberliga.
Nomes Cologne 99ers (1999−2001) RheinEnergie Köln (2001−2007) Köln 99ers (2007−2013) RheinStars Köln (2013−presente)
Temporadas AnoNivelLigaPostemporadaCopaEuropa 2000–01 3 1.Regionalliga1 −–– 2001–02 1 Bundesliga3Subcampión–– 2002–03 1 Bundesliga 4 Cuartos de finalSubcampión 2 ULEB Cup Oitavos de final 2003–04 1 Bundesliga 6 Cuartos de finalCampión 2 ULEB Cup Oitavos de final 2004–05 1 Bundesliga 3 Cuartos de finalCampión 2 ULEB Cup Oitavos de final 2005–06 1 Bundesliga3Campión– 3 FIBA EuroCup Cuartos de final 2006–07 1 Bundesliga 5 SemifinaisCampión 1 Euroliga Fase regular 2007–08 1 Bundesliga 10–– 2 ULEB Cup Dezaseisavos de final 2008–09 1 Bundesliga –– 2 ULEB Cup Dezaseisavos de final 2013–14 5 2.Regionalliga1 − –– 2014–15 4 1.Regionalliga 1 − –– 2015–16 2 ProA 13 – –– 2016–17 2 ProA 8 Cuartos de final ––2017-182ProA4 − ––2018-193ProB22 − ––2019-2041.Regionalliga1Ascenso ––2020-213ProB9 – ––2021-223ProB11 – ––
Palmarés Liga de Alemaña Campións (1): 2006 Copa de Alemaña Campións (3): 2004, 2005, 2007 Supercopa de Alemaña Campións (1): 2005
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña