Nidia María Arévalo Gómez, nada en Vigo o 25 de abril de 1975, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Estudou Químicas, aínda que non acadou a licenciatura.La alcaldesa de Mos (PP) mintió en su currículum: nunca acabó la carrera El Plural, 24/4/2017 Concelleira en Mos polo PPdeG, foi deputada provincial e presidenta da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller da Deputación de Pontevedra en 2006. Presentouse ás eleccións municipais de 2007 encabezando a candidatura do PPdeG que obtivo 8 concelleiros, fronte a 6 do PSdeG-PSOE e 3 do BNG. Despois dunhas longas e tensas negociacións, cun ano de goberno en minoría do PSdeG, formouse un goberno de coalición co BNG.

Moción de censura miniatura|Papeleta de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de 2023. O 12 de decembro de 2008 encabezou unha moción de censura contra a alcaldesa María Xesús Escudero Lago (PSdeG-PSOE) co apoio do concelleiro Gerardo Alonso, tránsfuga do PSdeG. Despois dun tenso pleno no que centos de veciños se manifestaron en contra da moción, Nidia Arévalo converteuse en alcaldesa de Mos, declarando que se acababa coa situación de "desgoberno". Tanto ela como os seus compañeiros de partido e Gerardo Alonso tiveron que abandonar o pleno en vehículos da Garda Civil escoltados polos antidisturbios.

A Comisión de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo declarou en setembro de 2009 como "caso claro de tránsfugas" en referencia ao concelleiro que fora elixido na lista do PSdeG, Gerardo Alonso, así como se declara a Nidia Arévalo e aos sete edís do PP en Mos, que pediron a baixa do partido, beneficiarios do caso de transfuguismo.

Nas municipais de 2011 foi elixida alcaldesa de Mos polo PPdeG con maioría absoluta e a mantivo nas eleccións sucesivas en 2015, 2019 e 2023.

En xullo de 2023, foi elixida senadora polo PP.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Mos Lista de senadores galegos desde a Transición

Ligazóns externas "Entrevista a Nidia Arévalo" Conta con Elas, 2006. «Son popular e nunca me vou marchar do PP» en La Voz de Galicia, 17/12/2008. "Espero que la dirección del PP entienda…" Faro de Vigo, 17/12/2008. "Nidia Arévalo y sus siete ediles piden la baja del PP…" Faro de Vigo, 1/5/2009.

Categoría:Alcaldes de Mos Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Senadores de España polo PP