Para outras persoas tamén chamadas Jesús Núñez, véxase Jesús Núñez
Jesús Manuel Núñez Díaz, nado nas Nogais o 4 de setembro de 1957, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria É diplomado en Administración e Dirección de Empresas e dirixe unha empresa propia. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG nas Nogais e foi concelleiro e portavoz do grupo municipal popular no concello. Encabezou de novo a candidatura do PPdeG nas eleccións municipais de 2011 e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Revalidou a alcaldía nas seguintes eleccións de 2015, 2019 e 2023, en todas con maioría absoluta.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais nas Nogais
Ligazóns externas Artigo en El Progreso Artigo en El Progreso
Categoría:Alcaldes das Nogais Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados nas Nogais Categoría:Nados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes