Pierre Firmin César Auguste Bédat, nado o 11 de marzo de 1774 en Baiona, onde finou en 1851, foi un militar francés.

Xefe de escuadrón e coronel das tropas de Napoleón, foi nomeado por Napoleón I Baron de Empire o 9 de marzo de 1810. Foi tamén beneficiario en Westfalia e nomeado cabaleiro da Lexión de Honra.

Durante a guerra da independencia española estivo en Galicia baixo o mando do xeneral Soult, tendo acampado en Pontedeume co seu escuadrón de cabalería desde o 20 de xaneiro ao 2 de febreiro de 1809.

Pierre Bédat tivo dous fillos: Adèle, nada en 1796, e Pierre Marie Adolphe nado en 1800.

Véxase tamén Outros artigos Historia de Pontedeume

Categoría:Militares de Francia Categoría:Militares da Guerra de Independencia Española Categoría:Nados en 1774 Categoría:Finados en 1851 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Nados en Baiona, Francia