O Atlántico Medio (en inglés Mid-Atlantic) é unha rexión dos Estados Unidos que abrangue os seguintes estados: Delaware Maryland Nova Jersey Nova York Pensilvania Washington D. C. (que non é un estado, senón un distrito federal) Por veces tamén se inclúen Virxinia e Virxinia Occidental.

Este expresión comezouse a empregar cos primeiros poboadores europeos tras o establecemento inglés nas colonias (Middle Colonies). Estes estados caracterizáronse pola súa industria pesada tras a Declaración de Independencia do Reino Unido. Nesta rexión xuntáronse inmigrantes de todo o mundo no que pasou a chamarse o melting pot de culturas.

Principais cidades do Atlántico Medio Albany, Nova York Buffalo, Nova York Harrisburg, Pensilvania Jersey City Nova York Newark, Nova Jersey Filadelfia, Pensilvania Pittsburgh, Pensilvania Rochester, Nova York Trenton, Nova Jersey

Categoría:Xeografía dos Estados Unidos de América