Salobreña é un concello español da provincia de Granada, situado na parte centro-oeste da Costa Granadina. Limita cos municipios de Los Guájares, Vélez de Benaudalla, Motril, Almuñécar, Ítrabo e Molvízar.
Este municipio, a beiras do mar Mediterráneo, compono tres núcleos de poboación: Lobres, Caleta-La Guardia e Salobreña. O núcleo principal de poboación está situado nunha roca coroada por un castelo árabe do século X que no pasado, durante o reinado nazarí, foi a prisión real. No seu termo municipal desemboca o río Guadalfeo. Outros puntos importantes en Salobreña son a igrexa do Rosario, a Medina e o parque de Fuente.
Demografía Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 12.660 habitantes.
Véxase tamén Ligazóns externas
Ayuntamiento de Salobreña
Categoría:Concellos da provincia de Granada