A tempada 2006-07 da Liga ACB foi a 24ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. Na final o Real Madrid derrotou ó Winterthur FC Barcelona, acadando o seu 30º campionato nacional de liga.
Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e máis adiante tivo as eliminatorias polo título, á que tiveron acceso os 8 primeiros equipos na táboa. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon.
Tempada regular Así ficou a táboa clasificatoria ó remate da tempada regular:
PosEquipoXogGPP+P-1TAU Cerámica34268285825472Real Madrid CF34259283625323DKV Joventut Badalona342311273625754Winterthur FC Barcelona342311265624345Akasvayu Girona342113273926386Gran Canaria Grupo Dunas342113264825917Pamesa Valencia341915257325538Unicaja Málaga 341717257824389MMT Estudiantes3416182635274410Lagun Aro Bilbao3415192516261011CB Granada3415192648272612Alta Gestión Fuenlabrada3414202508258313Caja San Fernando3414202629280414Polaris World Murcia3413212506262015ViveMenorca3412222542270516Grupo Capitol Valladolid3412222555267817Etosa Alicante3412222469267818Bruesa Gipuzkoa3482624772653
Lenda Clasificados para a Euroliga 2007-08 Clasificados para a Copa ULEB Descenden á Liga LEB
Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; P = Encontros perdidos; P+ = Puntos a prol; P- = Puntos en contra
Rolda final Unha vez rematada a tempada regular, os oito primeiros conxuntos da táboa comezaron a disputa polo campionato. Nos cuartos de final e semifinais xogouse ó mellor de 3 encontros. Na final xogouse ó mellor de 5 encontros. É dicir, tralos 34 encontros da tempada regular, o campión tivo que gañar 9 encontros para poder acada-lo campionato de liga. Así foron os enfrontamentos nas eliminatorias:
O campión da edición 2006-2007 da Liga ACB foi o Real Madrid.
Véxase tamén Outros artigos
Ligazóns externas Páxina oficial da liga ACB
Categoría:Tempadas da ACB Categoría:Baloncesto en 2007