Rafael José Girón Martínez, nado en 1967, é un político galego do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria Concelleiro en Ortigueira dende 1999, foi edil de Obras e Urbanismo. Asumiu a alcaldía de Ortigueira o 20 de outubro de 2007, logo da renuncia do alcalde Antonio Campo Fernández "por motivos profesionais e persoais"."Rafael Girón es el nuevo alcalde de Ortigueira en substitución de Antonio Campo" La Opinión A Coruña, 20/10/2007 . Nas eleccións municipais de 2011 foi o candidato do PPdeG á alcaldía de Ortigueira e foi reelixido alcalde con maioría absoluta."Ortigueira Rafael Girón recoge el bastón de mando" La Voz de Galicia, 12/6/2011 .. Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía en favor do socialista Juan Penabad Muras, que logrou a maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ortigueira
Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1967 Categoría:Concelleiros de Ortigueira