Aguilar de Campoo é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 7 160 habitantes (INE 2013). O municipio é coñecido pola súa industria galleteira, a máis importante de España, e porque nel se atopa o encoro de Aguilar.

É unha das localidades do Camiño de Santiago do Norte, na Ruta do Besaya.

Etimoloxía 220px|miniatura|esquerda|Colexiata de San Miguel O topónimo Campoo provén do topónimo latino Campodium, "val". Está moi estendido en toda a comarca histórica de Campoo-Los Valles: Alto Campoo, Hermandad de Campoo de Suso, Campoo de Enmedio e Campoo de Yuso. O termo Aguilar fai referencia á antiga colonia de aguias presentes na zona.

Xeografía Está a unha distancia de 99 km de Palencia, capital da provincia, e a 102 km de Santander (Cantabria). Atópase na ribeira do río Pisuerga, na comarca da Montaña Palentina e inmersa no territorio histórico de Campoo.

Industria Na historia máis recente cabe destacar a industria galleteira na vila. Nos anos 60 houbo en Aguilar cinco fábricas de galletas: Gullón, Ruvil, Fontaneda, Tefe e Fontibre (9 de cada 10 galletas que se consumían en España saían das fábricas aguilarenses). Na actualidade existen tres fábricas galleteras na vila: Galletas Gullón 1, Galletas Gullón 2 e Forno de Galletas Aguilar (Grupo Siro). Recentemente, púxose en marcha unha nova fábrica de alimentación (Produtos Alimenticios La Familia-pan de molde), pertencente tamén ao Grupo Siro.

Cabe apuntar as importantes revoltas na primavera de 2003 cando a multinacional United Biscuits, que comprara a fábrica de Galletas Fontaneda cinco anos antes, quixo pechala deixando sen traballo a preto de 300 persoas (destacar que no ERE dos anos 90 xa houbo 300 despedimentos e que nos anos gloriosos da fábrica, chegou a haber ata 1000 obreiros na mesma). Os traballadores de Fontaneda recibiron o apoio de toda a provincia, e o seu símbolo dunha galleta na que se lía "Fontaneda es de Aguilar" (a palabra "Aguilar" estaba troquelada en todas as galletas María) percorreu toda a península. Grazas ao bo facer do Grupo Siro, a fábrica segue funcionando, pero xa sen a marca Fontaneda.

Esta actividade, que comezou a partir dos reposteros locais, que as elaboraban co trigo de Castela e o azucre e outros produtos das antigas colonias españolas, importados polo porto de Santander, segue constituíndo unha das principais industrias de Aguilar de Campoo.

Aguilar sempre estivo moi vinculada á industria alimentaria, pero tamén cabe destacar unha empresa dedicada á industria química sendo das máis lonxevas da vila. Loga Colas y Adhesivos permanece instalada desde mediados dos anos 50, orixinariamente dedicada á fabricación de xabóns.

O municipio alberga tamén un importante encoro que ocupa unha superficie próxima ás 1 650 hectáreas e ten unha capacidade de 249 millóns de metros cúbicos de auga, trátase do Pantano de Aguilar. Este encoro permite a produción de enerxía eléctrica e a práctica de deportes náuticos.

O turismo cultural e rural atópase actualmente nunha fase de grande expansión neste municipio e a súa comarca, como a SCEAC, Semana de Cine de Aguilar, que leva xa máis de dez anos levándose a cabo, ou o veterano Encontro Internacional de Artistas Rueiros (ARCA) que en agosto de 2009 celebrou a súa quincuaxésima edición.

Patrimonio miniatura|220px|Castelo de Aguilar de Campoo. miniatura|220px|Claustro do Mosteiro de Santa María a Real. A vila de Aguilar de Campoo posúe un importante patrimonio artístico e cultural no que destacan moi notables edificacións de carácter relixioso, civil e militar de estilos románico, gótico e renacentista, así como as razoablemente ben conservadas ruínas de elementos defensivos e militares. Entre eles destacan: Mosteiro de Santa María a Real: antigo cenobio da orde Premonstratense que acolle a sede da Fundación homónima, o Centro de Estudos do Románico e o Museo do Territorio e do Románico. Colexiata de San Miguel Castelo medieval Mosteiro de Santa Clara Praza Maior: ademais da Colexiata, atópanse varios palacios, entre eles o dos Marqueses de Aguilar (de estilo barroco), o dos Fontaneda, casaróns de estilo señorial cántabro (con amplas galerías mirando cara ao sur), a "casa de las siete linajes" etc. Palacio dos Marqueses de Aguilar de Campoo (do que se conserva unha das súas ás) Igrexa de Santa Cecilia Igrexa de Santa Clara Murallas medievais: conservándose aínda seis da sete portas que en orixe tivo a vila. Estas son a Porta de Reinosa (conserva unha lápida hebrea), a da Tobalina, a de Barbacana ou Paseo Real, a do Portazgo, a da Cascajera e a de San Roque. Pontes sobre o río Pisuerga: cabe destacar a impoñente Ponte Maior e a ponte do Portazgo, ambos de orixe medieval; a ponte do Muíño Turruntero; a ponte das Tenerías; e a ponte da Teja. Ademais doutros de moderna construción.

A vila de Aguilar de Campoo foi declarada Conxunto Histórico-Artístico o 20 de xaneiro de 1966.

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial do concello

Categoría:Concellos da provincia de Palencia