José Luis Raposo Magdalena, nado en Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro) en 1956, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Estudou mecánica de maquinaria e exerceu como mecánico de mantemento na mina de Exminesa. Foi elixido alcalde de Pedrafita do Cebreiro polo PSdeG-PSOE en 1986. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta entre 1987 e 2023. Actualmente é deputado provincial da Deputación de Lugo e está encargado da área de Medio Ambiente.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Pedrafita do Cebreiro
Ligazóns externas Entrevista en El Progreso Noticia en El Progreso
Categoría:Alcaldes de Pedrafita do Cebreiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Pedrafita do Cebreiro Categoría:Nados en 1956