Manuel Taboada Vigo, nado en 1965, é un político galego do PPdeG, alcalde do Pino e deputado provincial da Coruña.
Traxectoria Industrial autónomo de profesión, foi tenente de alcalde do concello do Pino polo PPdeG de 1987 a 1997, baixo a alcaldía de Miguel Seco Seco. Nas municipais de 1995 volveu presentarse como número 2 nas listas do PP no Pino, que seguiron encabezadas por Miguel Seco, gañando este as eleccións outra vez por maioría absoluta. A nova corporación tomou posesión o 17 de xuño, aínda que Miguel Seco non chegou a completar o mandato como alcalde porque o 7 de marzo de 1997 renunciou tras ser obxecto dunha moción impulsada polo seu propio grupo político. Así pois, foi substituído como alcalde por Manuel Taboada, quen volveu ser elixido nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta.
Desde 2004 a 2006 foi presidente rotatorio da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, tras deter a vicepresidencia os inmediatos dous anos anteriores. No período 2015 a 2016 volveu ser presidente.
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absolutaConcello do Pino na FEGAMP, aínda que nesta ocasión co apoio do 55,48 % dos votos emitidos, resultado que foi o menor dun partido gañador na historia das eleccións municipais do concello ata ese momento, sempre durante o período da Democracia do 78.
Obras públicas e outras actuacións Durante o seu mandato tense realizado no concello as seguintes obras públicas e monumentos: Piscina municipal en Lameiro (1997), financiada pola Deputación provincial da Coruña Campo de Fútbol de Lameiro (1997-2001) Cruceiro da Casa do Concello (2005) Casa da Cultura de Arca ou CSC Luís Seoane (1997-2007) Centro médico de Arca (2005-2007) Escola de música do Pino (2011) Pavillón municipal de Lameiro (2010-2012), financiado pola Deputación provincial da Coruña Escola infantil A Galiña Azul (2012), que deu comezo os seus servizos no 2013 Tanatorio de Arca (novembro de 2012) ampliación do Albergue Público de Arca (2012) inicio da rede de contedores subterráneos (2017), financiada polo Ministerio de Medio Ambiente de España monumento á Festa do Galo Piñeiro, obra do escultor Cándido Pazos (2017)
Turismo Baixo o seu mandato tense producido un notable incremento do turismo no termo municipal, especialmente pola influencia do Camiño de Santiago, posto que no concello se estende tanto o tramo Francés como o do Norte. Ademais, impulsouse a creación de diversos eventos turísticos e deportivos que ten contribuído ao seu desenvolvemento, tales como a Festa do Galo Piñeiro (chamada na súa primeira edición Festa do Galo de Curral) e a Mosta Cabalar, desde 1999, a Carreira Pedestre Popular Concello do Pino, desde 2004, a Festa da Narración Oral do Pino, celebrada nos anos 2007 e 2008, e a Festa Celta, desde 2009. Como consecuencia de todo isto, tense creado unha ampla infraestrutura de servizos turísticos, tanto hoteleira como de restauración, que en agosto de 2020 chegou ás 1.862 prazas, distribuídas nunha ampla rede de hoteis, pensións, casas de turismo rural, albergues, vivendas de uso turístico e campings.
No mandato iniciado en 2019, comprometeuse ao regulamento das vivendas de uso turístico a través dunha ordenanza.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Pino Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes do Pino Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1965