José María Bello Maneiro, nado en Cordeiro (Valga) o 2 de maio de 1949, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Contable, foi tenente de alcalde de Valga con Albino Ferreirós Gil dende 1979 por UCD e AP. En 1991 encabezou unha candidatura independente e foi elixido alcalde de Valga ao contar do apoio do PSdeG. En 1995 revalidou a alcaldía con maioría absoluta. En 1999 incorporouse ao PPdeG e mantivo a alcaldía cunha ampla maioría absoluta, a cal revalidou nas sucesivas convocatorias electorais. Foi deputado provincial de 2011 a 2015.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Valga

Ligazóns externas "«No meu partido non se valora o esforzo que facemos en Valga»", entrevista en La Voz de Galicia, 27 de abril de 2011.

Categoría:Alcaldes de Valga Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Valga Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra