Juan José Díaz Valiño, nado en Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei) o 9 de setembro de 1971, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria É Diplomado en Maxisterio pola USC. Foi alcalde de Castro de Rei polo PSdeG-PSOE entre 2007 e 2011 co apoio do BNG e Terra Galega. Logrou que a Fundación FUDACE se fixese cargo do psiquiátrico de San Rafael. É deputado provincial.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Castro de Rei
Ligazóns externas Entrevista en El Progreso
Categoría:Alcaldes de Castro de Rei Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Castro de Rei Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes