José Antonio Vigo Lago, nado en Meirás (Valdoviño) en 1947 e finado en Ferrol o 12 de xuño de 2020, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria Prexubilado da Inspección de Obras de Defensa. Foi presidente da ANPA do colexio de Valdoviño e fundador da asociación veciñal As Chaves de Loira. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Valdoviño, onde foi a lista máis votada pero sen maioría absoluta. Resultou elixido alcalde co apoio dos dous representantes de Centristas de Valdoviño. Estableceu un goberno de coalición, dende febreiro de 2013, xunto con Converxencia Galega e Unidos por Valdoviño.PP, Converxencia Galega y Unidos por Valdoviño pactan un gobierno tripartito Presentouse de novo nas municipais de 2015 pero perdeu a alcaldía ó ser derrotado polo PSdeG-PSOE.
Vida persoal Estaba casado e tiña 2 fillos. Finou no Hospital de Ferrol o 12 de xuño de 2020.Fallece José Antonio Vigo, alcalde de Valdoviño entre los años 2011 y 2015
Notas
Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Valdoviño
Categoría:Alcaldes de Valdoviño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Valdoviño Categoría:Finados en 2020 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes