Quián é un lugar da parroquia de Sergude no concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 29 habitantes (15 homes e 14 mulleres).
O pazo de Quián pertenceu á familia dos Campuzano. O edificio ten torre ameada cunha capela anexa, e no recinto hai un cruceiro de plataforma octogonal con pedestal, cruz e remates floreados. O pazo, pertencente á Xunta de Galicia, acolle a sede da Asociación pura raza do cabalo galego, as denominacións de orixe do queixo de tetilla, mel de Galicia e augardente de Galicia, así como o Centro de Formación e Experimentación Agro-Forestal de Sergude.Pazo de Quián, na páxina web de Turismo de Galicia.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Sergude
Parroquias de Boqueixón
Categoría:Lugares de Boqueixón