Ventura Sierra Vázquez, nado en Vilariño de Conso o 13 de outubro de 1942, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde de Vilariño de Conso con maioría absoluta polo PSdeG-PSOE. Nas seguintes eleccións de 1983, 1987 e 1991 logrou de novo a alcaldía con maioría absoluta á fronte da candidatura socialista.
Nas municipais de 1995 pasou a formar parte do PPdeG xunta o seu equipo de goberno. Tras non lograr a maioría absoluta, perdeu a alcaldía en favor da candidata do BNG Manuela González Losada, grazas a un pacto co PSdeG-PSOE. Con todo, en abril de 1996 recuperou a alcaldía grazas a unha moción de censura apoiada por un tránsfuga exsocialista. Nas municipais de 1999 volveu presentarse polo PPdeG e continuou na alcaldía tras logra-la maioría absoluta, de igual forma que nas municipais de 2003.
Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta, polo que o candidato do PSdeG-PSOE Arcadio González Rodríguez arrebatoulle a alcaldía grazas a un pacto co BNG. Tras diversas discrepancias entre os socios de goberno, o alcalde dimitiu en xuño de 2009, polo que recuperou a alcaldía pola indisciplina dun concelleiro do BNG que non apoiou o novo candidato do PSdeGO popular Ventura Sierra dirixe Vilariño de Conso en minoría desde xuño La Voz de Galicia, 10/10/2009.. Volveu gañar as eleccións municipais de 2011 e 2015 con maioría absoluta.
O 20 de xullo de 2017 presentou a súa renuncia ao pleno do concello, logo de ser condenado a sete anos de inhabilitación para cargo público por contratar 29 persoas sen convocatoria pública.Dimite Ventura Sierra tras ser condenado por prevaricación La Voz de Galicia, 20/07/2017. Ocupou o seu posto a primeira tenente de alcalde Melisa Macía Domínguez.Melisa Macía brinda diálogo á oposición como nova alcaldesa La Voz de Galicia, 05/08/2017.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilariño de Conso
Ligazóns externas Ventura Sierra Vázquez: Se está invirtiendo donde hay más votos Pequena historia da alcaldía de Vilariño de Conso
Categoría:Alcaldes de Vilariño de Conso Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilariño de Conso Categoría:Nados en 1942 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes