O arrefriado tamén coñecido como constipado, catarreira ou catarro é unha enfermidade infecciosa viral leve do sistema respiratorio superior de natureza vírica, bacteriana ou alérxica que afecta a persoas de todas as idades, altamente contaxiosa, causada fundamentalmente por rinovirus e coronavirus.

Características Os síntomas principais son esbirros, secreción nasal, dor de cabeza, pingueira e conxestión nasal, ollos que choran, proído, dor ou flegma na gorxa, tose, canseira e unha sensación de malestar xeral. É unha das enfermidades máis comúns que, polo xeral, dura entre 3 e 10 días. Aínda que o arrefriado común non ten cura, os síntomas xeralmente resólvense espontaneamente entre 7 a 10 días, con algúns síntomas que poden permanecer até por tres semanas.

O arrefriado é distinto da gripe, unha infección viral máis grave do tracto respiratorio que mostra síntomas adicionais: febre en aumento, tremores e dores musculares, aínda cando moitas persoas confunden ambos os termos.

Non existe un tratamento específico para o catarro común alén do coidado dos síntomas, polo que leva ao uso frecuente de medicamentos de venda libre, de prescrición e remedios alternativos. O dextrometorfano adoita ser beneficioso en adultos con tose, pero a súa efectividade non foi demostrada en nenos e adolescentes.

Non se demostrou con certeza se a codeína é eficaz para tratar a tose causada polo arrefriado común. Aínda que a hidrocodona indícase amplamente a pacientes arrefriados e demostrouse que é eficaz para a tose noutras enfermidades, non foi estudado ben en pacientes con arrefriados.

Os desconxestionantes nasais orais e intranasais demostraron ser capaces de aliviar os síntomas nasais con rapidez e poden usarse en adolescentes e adultos por até tres días. Os antihistamínicos poden mellorar modestamente os síntomas en adultos, con todo, os beneficios deben sopesarse os posíbeis efectos secundarios. antihistamínicos non sedantes máis novos non son eficaces contra a tose. O ipratropio tópico, alivia os síntomas nasais en nenos maiores e adultos. Os antibióticos non demostraron mellorar os síntomas ou acurtar a duración do trastorno. Non se recomendan certas terapias complementarias e alternativas, incluíndo o uso de echinacea e cinc, para o tratamento dos síntomas do arrefriado común. En contra da crenza popular, a vitamina C non reduce nin prevén os síntomas da enfermidade. Considerase o arrefriado como unha enfermidade endémica.

Epidemioloxía miniatura|O arrefriado común afecta ás vías respiratorias superiores. O arrefriado común é unha enfermidade de orixe viral e a epidemioloxía é, polo tanto, a propia dese tipo de enfermidades. As infeccións do tracto respiratorio superior son moi comúns e constitúen un dos cinco diagnósticos máis frecuentes nas visitas de atención médica ambulatoria. Malia tratarse de infeccións leves, autolimitada e de curta duración, son a principal causa de morbilidade aguda no absentismo laboral e escolar.Absentismo laboral, escolar:

Algúns factores que inflúen na gravidade dos síntomas son: o estrés psicolóxico e as carencias socioeconómicas.MARÍA ESQUINAS, N.; HIDALGO ARENAS, A. y NIETO MORO, B. Creencias de los pacientes acerca de las características, causas y cuidados del catarro común. Medifam [online]. 2001, vol.11, n.1, pp. 67-68. ISSN 1131-5768. Consultado 4 de setembro de 2010. Ademais, unha saúde débil en xeral ou outras condicións preexistentes, como as alerxias, poden agravarse debido a unha infección. O persoal de saúde, incluíndo o odontolóxico ten un risco, polo menos potencial, de enfermar dunha enfermidade respiratoria como o arrefriado común, a gripe etc.PAREJA-PANE, Germán. Riesgo de transmisión de enfermedades infecciosas en la clínica dental. RCOE [online]. 2004, 9:(3), pp. 313-321. ISSN 1138-123X. doi: 10.4321/S1138-123X2004000300005. Consultado 4 de setembro de 2010.

A mellor forma de evitar os arrefriados é manter o sistema inmunitario en condicións óptimas: durmindo o suficiente para sentirse descansado, reducindo o estrés, levando unha alimentación adecuada e evitando o exceso de consumo de alcohol.

Factores de risco O pasar tempo nun lugar pechado con persoas infectadas ou en contacto próximo cunha persoa infectada aumenta o risco de contraer un arrefriado. O catarro común é unha infección transmitida por pingas, o que significa que se transmite principalmente a través da inhalación de pequenas partículas que emite a persoa infectada cando tose, esbirra, ou exhala.

A pouca humidade ambiental aumenta as taxas de transmisión viral. Unha teoría é que o aire seco provoca a evaporación de auga, o que permite que pequenas pingas con virus poidan dispersarse a maior distancia e permanecer no aire por un período de tempo máis prolongado. Hábitos psicobiolóxicos O hábito de fumar estende a duración da enfermidade aproximadamente tres días de termo medio. O durmir menos de sete horas diarias asociouse cun risco tres veces maior de desenvolver unha infección cando tal suxeito está exposto a un rinovirus, en comparación cos que dormen máis de oito horas por noite. Os niveis diminuídos de vitamina D no plasma sanguíneo asócianse cun maior risco de contraer un arrefriado común. Aínda non se determinou se esta asociación é causal.

Hixiene Con frecuencia o tocarse os ollos, o nariz ou a boca cos dedos contaminados transmítese o virus. Este comportamento aumenta un tanto a probabilidade de transferencia dos virus da superficie das mans, lugar onde os virus resultan inofensivos, cara ao tracto respiratorio superior, onde poden infectar os tecidos nasais. Algúns estudos mostran que o lavarse as mans con frecuencia e diminuír o tocar as membranas mucosas pode reducir a probabilidade de contraer un arrefriado en adultos.

Ambiente frío 200px|miniatura|Neve en Milán: Obsérvase un aumento da incidencia de arrefriados durante os meses de inverno en todo o mundo.

Aínda que os arrefriados comúns son estacionais, con máis casos en inverno, non hai probas científicas de que unha exposición curta ao frío incremente a susceptibilidade á infección,Frío e humidade como factores de risco:

o cal implica que a variación por estacións vén dada por un cambio no comportamento, como por exemplo o feito de pasar maior tempo en espazos pechados, en contacto próximo coas demais persoas.

Un estudo demostrou que a exposición ao frío fai que aparezan síntomas do arrefriado nun 10% das persoas así expostas, e que os suxeitos que experimentan este efecto reportan con máis frecuencia a aparición de arrefriados en xeral que aqueles non afectados por exposición ao frío.Johnson, C, Eccles R. "Acute cooling of the feet and the onset of common cold symptoms." Fam Pract. 2005 Dec;22(6):608-13. Epub 2005 Nov 14.

Con respecto á causa dos síntomas, as investigacións no Centro do Arrefriado Común da Universidade de Cardiff conduciron a un estudo para "probar as hipóteses de que un arrefriamento agudo dos pés causa o comezo dos síntomas do arrefriado común". O estudo evidenciou que os suxeitos tiñan máis síntomas de arrefriado ao cabo de 5 días, probablemente porque a constrición dos vasos sanguíneos dos orificios nasais poden levar a reducir a capacidade inmunolóxica no tracto respiratorio superior.

Doutra banda, sábese que en épocas invernais o movemento rítmico acelerado dos cilios nasais diminúe en presenza do frío do outono-inverno, o que daría máis tempo para que os virus e as bacterias pasen a través do moco e logren infectar células corporais Súmase a isto que as aves migratorias, importantes vectores dos virus desde o outro hemisferio, deixan un ronsel de virus no aire, favorecendo a aparición de epidemias.

Etioloxía Virus O arrefriado común é unha infección viral do tracto respiratorio superior. En total máis de 200 tipos virais seroloxicamente diferentes causan arrefriados. O virus máis frecuentemente implicado é un rinovirus (30-50%), un tipo de picornavirus con 99 serotipos coñecidos.

Outros virus implicados inclúen: os coronavirus (10-15%), virus influenza (5-15%), os virus parainfluenza humano, e os virus sincitial respiratorio, adenovirus, enterovirus, e metapneumovirus. Rinovirus Os rinovirus constitúen a principal causa do arrefriado común.Anzueto A, Niederman M. Diagnosis and Treatment of Rhinovirus Respiratory Infections (artigo completo dispoñible en inglés). Chest 2003; 123: pp 1664-1672. Consultado o 31/01/2015. A temperatura óptima para a replicación do rinovirus é 33-35 °C. Os rinovirus non replican de xeito eficiente á temperatura corporal. Iso pode explicar por que os rinovirus replican tan ben nas fosas nasais e a árbore traqueobronquial superior, pero non tan ben no tracto respiratorio inferior. O período de incubación é de aproximadamente 2-4 días. A viremia con rinovirus é moi infrecuente. Coronavirus

miniatura|170px|Os coronavirus son un grupo de virus coñecidos por causar o arrefriado común. Teñen un halo, ou a aparencia de tipo coroa cando se observa baixo un microscopio electrónico. Os coronavirus son os virus máis particularmente implicados nos arrefriados de adultos. Do total de máis de 30 coronavirus identificados, 3 ou 4 son os que causan infeccións en seres humanos, pero son difíciles de cultivar no laboratorio, de maneira que o seu significado segue sendo pouco comprendido. Os coronavirus que causan o arrefriado común son dos tipos 229E e OC43; ocasionalmente poden producir pneumonía en persoas de idade avanzada, neonatos e pacientes inmunocomprometidos.Holmes KV. Coronaviridae and their replication. Virology. Fields BN, Knipe D. Raven Press, New York; 1996, p 841-856.

Virus da gripe Os virus da gripe tamén poden causar arrefriados leves. A infección por virus de influenza prodúcese logo da transferencia das secrecións respiratorias dunha persoa infectada a unha persoa inmunoloxicamente susceptible. Se o virus non é neutralizado polos anticorpos secretores, invade as células do tracto respiratorio. Unha vez dentro das células do hóspede, prodúcese unha disfunción e dexeneración celular, xunto coa replicación viral e a liberación da proxene viral. A diferenza da gripe, o virus influenza causa arrefriado común cando non aparecen síntomas sistémicos resultado de mediadores de inflamación no organismo. O período de incubación varía desde 18 ata 72 horas.

Adenovirus Os adenovirus son virus de ADN, illados por primeira vez nos anos de 1950 en cultivos de células adenoides (de aí o nome), causan un 5% dos casos de arrefriado común. Os adenovirus son unha causa frecuente de infección asintomática do tracto respiratorio. Fisiopatoloxía Causado por numerosos virus (principalmente rinovirus, coronavirus e tamén certos ecovirus e coxsackievirus) que infectan o aparello respiratorio superior. Describíronse varios centos de virus causantes do arrefriado común. A variedade de axentes causantes fai moi ineficaz calquera tipo de vacinación. Transmítense de persoa a persoa a través de pequenas pingas de saliva que se expelen ao tusir, falar ou durante os espirros. As pingas son inhaladas directamente ou, máis frecuentemente, transmítense polo contacto de man en man mediante apertas de man ou de obxectos que adoitan estar en contacto coas mans tales como os picaportes, e logo estas introdúcense nos condutos nasais cando a man toca o nariz, a boca ou os ollos.

O virus entra nas células das paredes do nariz e a garganta, e multiplícase rapidamente dentro delas. Os síntomas comezan 1 ou 2 días logo da infección. Son o resultado dos mecanismos de defensa do corpo: espirros, goteo do nariz e tose para expeler ao invasor, e a inflamación para atraer e activar ás células inmunitarias. O virus aprovéitase dos espirros e a tose para infectar á seguinte persoa antes de ser eliminado polo sistema inmunitario do corpo. Un enfermo é máis infeccioso dentro dos tres primeiros días da enfermidade.