José Antonio Gurriarán López, nado no Barco de Valdeorras o 7 de xullo de 1941 e finado en Madrid o 31 de marzo de 2019,Muere José Antonio Gurriarán, tenacidad ante todo foi un xornalista e escritor galego.Páxina oficial de José Antonio Gurriarán.
Traxectoria Pasou a infancia e mocidade na súa vila natal. Iniciouse no xornalismo con colaboracións no periódico El Sil e na radio Ondas del Sil. En Salamanca estudou o preuniversitario e en Madrid realizou os estudos de xornalismo e dereito. Comezou a traballar na axencia Hispania Press, en Madrid La Noche, con reportaxes escritas e radio. No xornal El Alcázar foi redactor de sucesos, xefe de sección e enviado especial a diversos lugares de España e do estranxeiro, Cubriu as viaxes do papa Paulo VI a Fátima e Pomezia, na India entrevistou a Indira Gandhi e fixo varias reportaxes, e nos Estados Unidos estivo en Nova York, Dallas e Fort Worth e investigou a morte de John F. Kennedy, con entrevistas aos seus asesores, ao seu sustituto Lyndon B. Johnson, a Marina Oswald ou ao sheriff Bill Decker.
Traballou na publicación Semana, dirixida por Jesús María Zuloaga. Entrevistou Salvador Dalí, os duques de Windsor, Jacqueline Kennedy. Durante ano e medio dirixiu El Diario Montañés e despois pasou a Pueblo como redactor xefe, sendo despois subdirector e director. Entrevistou, entre outros, Neil Armstrong, Juan Domingo Perón, Diego Armando Maradona e Jean-Paul Belmondo. Dirixiu tamén a edición española da publicación internacional Revista de Geografía Universal, presentada en Madrid o 23 de decembro de 1976.
En Televisión Española ocupou cargos directivos, fixo viaxes ás repúblicas iberoamericanas, a Unión Soviética e Europa, e realizou entrevistas e reportaxes, como a primeira entrevista a Filipe de Borbón cando estudaba no Canadá, os presidentes chilenos Eduardo Frei e Ricardo Lagos e o presidente arxentino Raúl Alfonsín. Durante oito anos foi correspondente de TVE en Lisboa. esquerda|miniatura|Escultura no Barco de Valdeorras.
O 27 de novembro de 1979, cando Gurriarán saía do edificio do xornal Pueblo, pensaba ir ver un filme de Woody Allen coa súa dona e mentres camiñaban pola Gran Vía de Madrid oíu unha grande explosión, na fachada de Swissair. Achegouse e entrou nunha cabina de teléfono para chamar un compañeiro fotógrafo do xornal, mais nese intre estoupou outra bomba que provocou nove feridos, entre eles Gurriarán.«José Antonio Gurriarán: periodismo a prueba de bomba» , Espacios Europeos. No hospital comezou a documentarse sobre o atentado. En 1982 localizou no Líbano os líderes do Exército Secreto Armenio para a Liberación de Armenia (ESALA) e reuniuse con eles. Escribiu o libro La bomba, traducido ao armenio e francés, con gran repercusión internacional. En maio de 2015 o director de cine Robert Guédiguian presentou no Festival de Cannes o filme Une histoire de fou, baseado no libro.
Entrou en Radio y Televisión de Andalucía como director de informativos e posteriormente director da segunda canle. Fundou o espazo Andalucía directo, contratou a Jesús Quintero —que levaba anos afastado da pantalla— e por vez primeira puxo unha persoa cega a cargo dun informativo, Nuria del Saz.. Solicitou incorporarse como correspondente en Bruxelas, cargo que ocupou catro anos. Visitou os países membros da Unión Europea, cubriu a actividade do Parlamento Europeo, os consellos de ministros de Luxemburgo, as cumbres comunitarias e viaxes da troika comunitaria, asistindo tamén a viaxes institucionais á India, Paquistán, Siria, o Líbano, Iugoslavia, Estonia, Afganistán ou a República Checa. Logo de dezasete anos regresou a Madrid, onde faleceu.
Obras En castelán Caerá Allende?, 1973. La bomba, 1982. Chile. El caso del General, 1985. El Rey en Estoril, 2000. Armenios. El genocidio olvidado, 2008.
En galego As Mulleres do Monte, 2015. (Galaxia).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de José Antonio Gurriarán
Categoría:Xornalistas do Barco de Valdeorras Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2019