dereita|miniatura|Placa no centro sociocultural de Lendo, A Laracha, inaugurado por López Varela en 2004. José Manuel López Varela, nado na Laracha o 25 de setembro de 1961, é un mestre e político galego do PPdeG. Traxectoria Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1980 afiliouse a Alianza Popular e entre 1987 e 1999 foi de tenente de alcalde do concello da Laracha como segundo de Jesús Rama Becerra. Nas municipais de 1999 encabezou a lista do PPdeG, coa que obtivo maioría absoluta e foi elixido alcalde. Volveu gañar as eleccións municipais dos anos seguintes por maioría absoluta, tanto en 2003 como en 2007.
Dende o 2003 ata 2011 formou parte do grupo popular na Deputación da Coruña, en representación da comarca de Bergantiños. En 2007 figurou como candidato a asumir a presidencia da Deputación polo PPdeG na sesión de investidura, na cal PSdeG e BNG fixeron valer a súa maioría e elixiron novamente presidente ó socialista Salvador Fernández Moreda.
Nas municipais de 2011 revalidou a alcaldía co mellor resultado da historia do PP no municipio con 13 concelleiros, fronte a 2 do BNG e outros 2 do PSdeG. Nas municipais de 2015 revalidaría de novo a alcaldía con 12 edís. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con 11 concelleirosConcello da Laracha na FEGAMP. En 2023 revalidou a alcaldía subindo ata os 12 concelleiros.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Eleccións municipais na Laracha
Ligazóns externas Ficha en galegos.info Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes da Laracha Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados na Laracha Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela