Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de maio de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado, economista, notario e escritor galego. miniatura|Lugo, 1918, participantes na I Asemblea Nacionalista. Traxectoria Foi notario en Monforte de Lemos, Santiago de Compostela e A Coruña. Foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Participou na I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo en 1918 e integrouse nas Irmandades da Fala. Colaborou en diversas publicacións rexionalistas como Revista Gallega e Eco de Galicia. En 1936 adscribiuse á Dereita Galeguista. Entre os seus traballos destacan A prol do estatuto (Santiago de Compostela, 1933) e o texto "O bilingüismo" (Boletín da Real Academia Galega, 1956). miniatura|Necrolóxica.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos I Asemblea Nacionalista Ligazóns externas Artigos de Manuel Banet Fontenla
Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Notarios