Rodrigo Sanz López, nado en Ferrol o 29 de decembro de 1872 e finado en Santiago de Compostela o 26 de agosto de 1939, foi un político e investigador galego.
Traxectoria Impulsor do Ateneo Ferrolano e Solidaridad Gallega. Na Coruña contribuíu á creación da Universidad Popular e desde Solidaridad Gallega promoveu as Asembleas Agrarias de Monforte. Foi presidente do Partido Regionalista Gallego e un dos iniciadores das Irmandades da Fala, chegando a ser elixido como líder das Irmandades o 3 de marzo de 1918, non obstante as tensións entre rexionalistas e nacionalistas fixeron que a primeiros de abril deixase a organización e fundase un efémero Zentro Rexionalista . Durante a Ditadura de Primo de Rivera foi nomeado presidente da Unión Patriótica de Ferrol e alcalde honorario da cidade. Dende 1931 presidiu o Secretariado de Galicia en Madrid. Participou na redacción do Estatuto de Galicia. miniatura|300px|III Asemblea Agraria de Monforte (1911). Editou varios xornais como Solidarismo Gallego –onde escribiu diversos artigos na sección Luchando– e El Kardeciano, en homenaxe ao escritor Allan Kardec. Colaborou tamén en Ecos del Eume, Estudios Gallegos, A Nosa Terra e Prácticas Modernas. Como membro do Secretariado de Galicia, de Madrid, colaborou na redacción dunhas Bases para un proyecto de Estatuto de Galicia que se presentaron na Asemblea da Coruña celebrada en xuño de 1931 co obxectivo de aprobar un Estatuto de Autonomía para Galicia; este texto non foi tomado en consideración pola Asemblea.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos II Asemblea Agraria de Monforte III Asemblea Agraria de Monforte Ligazóns externas Brisset Martín, Xavier (2010). "Os solidarios ante o invicto marqués" CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios. , Nº. 17, páxs. 47-69.
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1939