Centaurus, ou Centauro, é unha extensa constelación que se atopa ó norte de Crux e no extremo norte da Vía Láctea. Rodea a Cruz do Sur formando unha das máis ricas e fermosas constelacións do ceo.
Características notables En Centaurus atópase Proxima Centauri, a estrela coñecida máis próxima ó Sol, situada a 4,22 anos luz de distancia. É unha anana vermella moito menos luminosa có Sol e unha estrela fulgurante. Alpha Centauri, a cuarta estrela máis brillante do firmamento nocturno, é unha estrela binaria coa que Proxima Centauri parece estar gravitacionalmente ligada, formando un sistema estelar triplo. β Centauri, chamada Hadar ou Agena, é outra estrela na constelación de primeira magnitude.
Estrelas principais α Centauri (Rigil Kentaurus ou Toliman), estrela de magnitude 0, a cuarta máis brillante do ceo que se atopa a tan só 4,4 anos luz da Terra. É un sistema estelar triplo cunha estrela secundaria que pode se vista cun telescopio de mediana apertura. A terceira compoñente denominase Próxima Centauri, unha anana vermella cun vinteavo do diámetro solar a 4,2 anos luz do Sol. β Centauri (Hadar ou Agena), segunda estrela máis brillante da constelación con magnitude 0,61 e a undécima máis brillante do ceo. É unha xigante azul a 525 anos luz de distancia, ten unha compañeira difícil de observar. γ Centauri, estrela dobre visual cunhas compoñentes que son dúas estrelas brancas de igual brillo. Para a súa visualización requírese un telescopio de coma mínimo 15 centímetros de apertura. δ Centauri, de magnitude 2,60 é unha estrela variable Gamma Cassiopeiae. ε Centauri, estrela azul quente de magnitude 2.29, é unha variable Beta Cephei cunha variación de apenas 0,02 magnitudes. ζ Centauri, de magnitude 2,55 é unha estrela binaria espectroscópica. η Centauri, estrela branco-azulada Be cun disco circumestelar ó redor. É tamén unha variable Gamma Cassiopeiae. θ Centauri (Menkent), con magnitude 2,06 é a terceira estrela máis brillante da constelación. A diferenza doutras estrelas da constelación que son branco-azuladas, Menkent é unha xigante laranxa a 61 anos luz da Terra. ι Centauri, estrela branca de magnitude 2,75 a 59 anos luz do noso planeta. O igual que Vega, posúe un disco circumestelar ó seu redor. κ Centauri, estrela branco-azulada cunha feble compañeira de magnitude 11 a 3,9 segundos de arco. 1 Centauri, subxigante branco-amarela e binaria espectroscópica. R Centauri, variable Mira cun brillo que oscila entre magnitude 5,3 e 11,8 nun período de 546,2 días. T Centauri, variable semirregular ó norte da constelación cunha magnitude varía entre 5,90 e 9,0. V Centauri, variable cefeida cunha magnitude que oscila entre 6,40 e 7,20 nun ciclo de 5 días e 11 horas. HR 4523 (HD 102365), estrela binaria a 30,1 aos luz, composta por unha anana amarela e unha anana vermella. HR 4796 (HD 109573), estrela binaria nova onde se detectou un disco protoplanetario ó redor da estrela principal. HD 113766, tamén un sistema binario cun disco quente de po ó redor dunha das estrelas. Gliese 438, anana vermella a 27,4 anos luz da Terra. Estrela de Przybylski (HD 101065), a estrela peculiar máis extrema cunhas anomalías químicas que permanecen sen explicación.
Obxectos Notables do espazo profundo Omega Centauri (NGC 5139). AR: 13h 26m 48.0s Dec: -47°29'00" (Época 2000). Cúmulo globular. Visible a simple vista coma un parche difuso, espectacular con telescopios pequenos e binóculos. Conten máis dun millón de estrelas. NGC 5253. AR: 13h 39m 54.0s Dec: -31°39'00" (Época 2000). Galaxia brillante. NGC 5128. AR: 13h 25m 30.0s Dec: -43°01'00" (Época 2000). Galaxia xigante. A súa magnitude é 7. É ademais unha poderosa fonte de radio chamada Centaurus A. NGC 3918, nebulosa planetaria de magnitude 8,1. Atópase a uns 3.000 anos luz da Terra. NGC 5307, nebulosa planetaria máis distante (a uns 10.000 anos luz) de magnitude 11,2. Nebulosa Boomerang, protonebulosa planetaria cunha temperatura de 1 K que a converte no obxecto coñecido máis frío do universo.
Mitoloxía esquerda|250px|miniatura|A constelación de Centaurus e Crux. Crono, tentou seduci-la súa sobriña, a ninfa Fílira. Ela, para escapar do seu acoso, transformouse en egua, pero Crono, astutamente, converteuse en cabalo e uniuse a ela. Desta unión naceu Quirón, con corpo e patas de cabalo pero torso e brazos de home.
Quirón foi abandonado polos seus pais e viviu no monte Pelión. Educou a grandes heroes coma Aquiles, Asclepio e Xasón. Foi ferido accidentalmente por Heracles cunha das súas frechas envelenadas co sangue da Hidra. Quirón, ó ser inmortal, non morreu pero tampouco podía sandar, ata que intercambiou con Prometeo a inmortalidade. Noutra versión, porén, a frecha que feriu accidentalmente a Quirón produciulle directamente a morte e Zeus colocouno entre as constelacións.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Centauro (ser mitolóxico).
Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Centaurus Starry Night Photography: Centaurus Star Tales – Centaurus
Categoría:Constelacións