Polo Correo do Vento foi un proxecto e unha colección de libros orientada para os cativos. Foi escrita por Enrique Mauricio Iglesias e ilustrada por Carlos Taboada, tamén ilustrou Tania Solla. Comezou con 7 títulos publicados por Edición Xerais de Galicia e logo continuou con Lela Edicións. O primeiro libro saíu ao mercado a finais de 2008. Os dous autores levan percorrido ducias de colexios e bibliotecas galeas realizando sesións de animación nas que Enrique desenvolvía a parte oral mentres Carlos debuxaba. miniatura|Polo correo do vento. 29/11/2018. Casa da Luz. Pontevedra O 29 de novembro de 2018 fixeron unha exposición na Casa da Luz de Pontevedra con motivo dos dez anos de actividade.

Polo Correo do Vento foi Premio Cidade de Pontevedra 2025 na categoría de persoa xurídica, xa que segundo o Concello «vén amosando desde a súa creación unha excelencia artística recoñecida e recoñecíbel, así como un compromiso para coa cultura galega e pontevedresa... que destaca pola súa capacidade creativa excepcional e polo seu foco no público infantil con materiais de extraordinaria calidade».

Debido ao pasamento de Carlos Taboada o proxecto deu paso en 2026 ao Colectivo Xurelo, liderado por Enrique Mauricio Iglesias e do que forman parte os músicos Antón Ke, Marcelo Dobode e Alba Faro, ademais da ilustradora Tania Solla. miniatura|Carlos Álvarez Taboada e Enrique Mauricio Iglesias: Polo correo do vento Libros miniatura|Susana Pedreira, Xesús Alonso Montero e Ramón Rozas falan de Federico García Lorca no Museo de Pontevedra en acto organizado por Polo Correo do Vento (16/11/2022) miniatura|Presentación de Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira no Teatro Principal de Pontevedra no nadal de 2023. Miguel Anxo Fernández Lores, Teresa Abelleira e Nieves D. Amil Hugo, o carteiro teixugo (2008). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9782-912-0. Mariquiña, a carteira andoriña (2008). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9782-911-3. Carola, a carteira centola (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-065-0. Martiño, o carteiro porquiño (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7. Violeta, a carteira bolboreta (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7. Xelo, o carteiro xurelo (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7. Amaranta, a carteira Saramaganta (2011). Edicións Xerais. 32. p. ISBN 978-84-9914-193-0 O esquío rampante (2015). Edicións do Cumio. 76 p. ISBN 978-84-8289-493-5 Un ronsel de Ardora. Pequena biografía de Ángeles Alvariño (2016). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-0-0. Periplo Atlántico. Unha versión moi libre de “O negriño Panchito” de Alfonso R. Castelao (2016). Lela Edicións. 56 páxs. ISBN 978-84-946043-1-7. Meiga nova, metade anxo, metade marisco. Pequena biografía de Maruja Mallo (2017). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-2-4. Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernestina Otero (2017). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-4-8. A detective Peregrina e o misterio do Torque (2018). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-5-5. A detective Peregrina e o insólito "caso Antón Fraguas" (2018). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-8494604362. Seoane. O creador na súa tinta. Primeira parte (2019). Lela Edicións. ISBN 978-84-946043-7-9. De cando Antonio Fraguas foi alumno de Castelao (2019). Lela Edicións. ISBN 978-84-946043-9-3. Ricardo Carvalho Calero (2019). Lela Edicións. Ilustracións de Miguel Pérez Ramudo. ISBN 978-84-121263-0-3. Unha casiña branca na Mariña. Pequena biografía de Filomena Dato (2020). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-3-4. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-5-8. De Valdeorras a México. Terra a nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán (2021). Lela Edicións. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-6-5. A cabalo dunha pomba. Pequena biografía de Manuel Lueiro Rey (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-121263-4-1. Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego (2022). Ilustracións de Tania Solla. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-9-6. Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta (2023). Lela Edicións. 31 páxs. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-12623505. Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira (2023). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. O poeta da terra. Pequena Biografía de Enrique Labarta Posse (2024). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 9788412623512. Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas (2025). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-126235-2-9. Begoña Caamaño. Pequena Biografía (2026). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 9788412623543.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog da colección Canle de YouTube Polo correo do vento Entrevista en Lecturafilia, setembro 2019

Categoría:Coleccións literarias en lingua galega