O Stade de Gerland é un recinto deportivo da cidade de Lión, inaugurado en 1926, con capacidade para acoller nas súas bancadas a 40.494 seareiros, no que xoga os seus encontros como local o equipo de fútbol Olympique de Lyon da Ligue 1. En 2015 ou 2016 será pechado e substituído polo novo Stade des Lumières.
Eventos deportivos Mundial de Fútbol 1938 No Mundial de Fútbol Francia 1938 xogouse no Gerland un encontro de oitavos de final.
Eurocopa de Fútbol 1984 Na Eurocopa de Fútbol Francia 1984 acolleu 1 encontro do Grupo A e 1 das semifinais.
Mundial de Fútbol 1998 No Mundial de Fútbol Francia 1998 o estadio acolleu un total de 6 encontros, 5 da fase de grupos e 1 de cuartos de final.
Copa do Mundo de Rugby 2007 Na Copa do Mundo de Rugby 2007 o Stade Gerland acolleu 3 encontros da fase de grupos.
Eurocopa de Fútbol 2016 Na Eurocopa de Fútbol Francia 2016 disputaranse varios encontros en Lión, pero o estadio que acollerá eses encontros será o novo Stade des Lumières, xa que o Stade Gerland pecharase en 2013.
Véxase tamén Outros artigos Lión Olympique de Lyon Ligue 1 Mundial de Fútbol Francia 1998 Copa do Mundo de Rugby 2007
Gerland Geoffroy-Guichard Categoría:Olympique Lyonnais Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 1938 Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 1998 Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 1984