O castelo dos Cárpatos é unha novela en lingua francesa de Jules Verne, publicada inicialmente co título de Le Château des Carpathes. Trátase dunha obra fantástica afastada da temática "científica" de Verne, e nela aprécianse algunhas trazos típicos das novelas de terror. Apareceu na revista periódica Magasin d'Education et de Récréation entre xaneiro de 1892 e decembro do mesmo ano. Esa mesma revista, publicada pola editorial Hetzel para a mocidade, e na que Verne publicou o resto das súas obras, editou a novela como un só volume en outubro, con ilustracións a cor de Léon Benett. Foi traducida ao galego por Ana Iglesias Otero (Urco Editora, 2012) e por Alejandro Tobar (Editorial Hugin e Munin, 2013).

Trama

A novela transcorre en diversas poboacións de Transilvania, onde a xente do lugar dunha pequena e supersticiosa aldea queda aterrorizada cando reparan por medio dun anteollos no feito de que sae fume da cheminea dun castelo abandonado, o que fai pensar en presenzas diabólicas. Un gardamontes e mais un médico primeiro, e un conde valaco despois, aventuraranse a desentrañar o misterio, especialmente este último, posto que entre as ruínas do castelo se lle presentará a voz da súa amada morta.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Michel Serres. Orphée en morceaux. in "Jouvences sur Jules Verne". Les Éditions de Minuit. 1974. Pages 251-269. Jacques Neefs. Le Château des Carpathes et la question de la représentation. Jules Verne et les sciences humaines. Colloque de Cerisy. Union Générale d'éditions. 1979. Coll. 10/18. Pages 382-409.

Ligazóns externas As ilustracións orixinais Ficha na web de Urco Editora. Ficha na web de Editorial Hugin e Munin.

Categoría:Obras literarias de 1892 Categoría:Novelas en francés Categoría:Novelas de ciencia ficción Categoría:Obras traducidas do francés ao galego