O pali é unha lingua indoeuropea, da rama índica, e prácrita. Pódese dicir que o Pali é unha forma simplificada do sánscrito. A súa fama provén de ser a lingua na cal se rexistraron as escrituras do budismo Theravada, coñecidas como o Canon Pali no Sri Lanka no século -I. A lingua tivo representación escrita nunha variedade de sistemas de escritura, do brahmi ao devanágari e outros sistemas índicos ata unha forma romanizada desenvolvida por T. W. Rhys Davids, da Pali Text Society.

Algúns budistas da escola Theravada consideran que o Pali foi a lingua falada por Buda. Porén, non está claro incluso se chegou a ser de feito unha lingua falada. Varios investigadores manteñen que era unha lingua puramente literaria creada a partir dalgúns dialectos hindús, sendo o magadhi (lingua do reino de Magada/Magadha) un dos máis probables devanceiros.

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en pali Bibliografía See entries for "Pali" (written by K. R. Norman of the Pali Text Society) and "India—Buddhism" in The Concise Encyclopedia of Language and Religion (Sawyer ed.),

Categoría:Linguas de Bangladesh Categoría:Linguas da India