São José dos Pinhais é unha cidade do estado brasileiro do Paraná. A súa poboación estimada o 2010 era de 268.807 habitantes, o que a converte na segunda cidade máis poboada da mesorexión, e en claro aumento, xa que o seu censo no ano 2000 era de 196.000 persoas.
Economía miniatura|esquerda|São José dos Pinhais A economía da cidade está en pleno desenvolvemento, xirando en torno ao Aeroporto Internacional Afonso Pena, á industria da automoción coa presenza de fábricas de multinacionais como Audi ou Renault. Tamén é sede da rede de perfumes e cosméticos O boticario.
Pese a estar moi próxima á capital do estado, Curitiba, (apenas 10 quilómetros) o comercio da cidade é totalmente autónomo.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web da prefectura
Categoría:Cidades do Paraná