A Orquestra Simfònica Julià Carbonell de les Terres de Lleida ou OJC (en galego Orquestra Sinfónica Julià Carbonell das Terras de Lleida) é unha orquestra sinfónica con base en Lleida e que centra a súa actividade concertística nas localidades das comarcas de Lleida. A OJC é a orquestra titular do Auditori Enric Granados e do Teatre de la Llotja de Lleida, ademais de ter programación estable no Auditori AXA de Barcelona. Actualmente o seu director titular e artístico é Alfons Reverté i Casas. Historia A Orquestra Simfònica Julià Carbonell de les Terres de Lleida (OJC), promovida pola Fundación Julià Carbonell e co impulso da Deputación de Lleida, naceu no ano 2002 co obxectivo de facilitar o acceso á música sinfónica e de cámara a toda a cidadanía. O Concello de Lleida, consciente da importancia e da significación que representa a orquestra, sumouse tamén como entidade que a apoia.
Deste xeito, a OJC naceu coa vocación de desprazarse habitualmente a tódolos puntos do territorio para amosar a súa programación de concertos de xeito continuado. A OJC comezará en breve un proxecto social baixo o nome "L’Orquestra, amb tu!" (en galego "A Orquestra contigo!"), co cal se pretende levar a música a hospitais, escolas etc., para derrubar barreiras e levar música a todos. Ademais deste proxecto social, a OJC tamén impulsa proxectos de procura musicolóxica que impulsan e incentivan a creación musical actual.
A orquestra, ademais de seguir os seus obxectivos fundacionais realizando concertos en moitas poboacións, ten actuado en salas emblemáticas catalás, como o Gran Teatre del Liceu, o Palau de la Música Catalana e o Auditori de Barcelona. Cómpre salientar tamén a data do 20 de marzo do 2010, cando participou no concerto inaugural do novo órgano de Montserrat.El concert del nou orgue de Montserrat, en directe, al 33 en TV3
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Julià Carbonell Categoría:Orquestras sinfónicas