O 16 de setembro de 2008 a banda de música norteamericana Avenged Sevenfold publica un DVD/CD chamado Live in the LBC & Diamonds in the Rough. O DVD contén o concerto gravado o 10 de abril de 2008 no Long Beach Arena, en Long Beach (California), que formaba parte da xira "Rockstar Taste of Caos". Respecto ó CD componse de cancións gravadas durante a produción do álbum Avenged Sevenfold, versións de cancións doutros grupos e material que nunca fora escoitado.

Live in the LBC (DVD) Características Recolle a actuación ofrecida o 10 de abril de 2008 na Long Beach Arena (Long Beach), como parte da xira "Rockstar Taste of Caos" que encabezaban. Foi dirixido por Rafa Alcantara, o cal tamén traballara con eles no DVD All Excess. Foi producido por Adam Cook e Larry Jacobson. Este inclúe como extras todas as introducións que os membros da banda gravaron no backstage 15 minutos antes do comezo do seu concerto en cada lugar que incluía a xira. Non ten subtítulos.

Listaxe de cancións 01 "Critical Acclaim" 02 "Second Heartbeat" 03 "Afterlife" 04 "Beast and the Harlot" 05 "Scream" 06 "Seize the Day" 07 "Walk" (versión de Pantera ) 08 "Bat Country" 09 "Almost Easy" 10 "Gunslinger" 11 "Unholy Confessions" 12 "A Little Piece of Heaven"

Diamonds in the Rough (CD) Características Este CD ten cancións inéditas, coa versión de "Flash of the Blade" orixinal do grupo Iron Maiden e de "Walk" orixinal do grupo Pantera . Ademais ten variacións das cancións incluídas no álbum Avenged Sevenfold "Almost Easy" e "Afterlife". "Almost Easy (CLA Mix)" diferénciase da orixinal nas voces, contén algunhas tomas rexeitadas, e foi mesturada por Chris Lord-Alge, en vez de Andy Wallace. "Afterlife (Alternate Version)" contén partes de guitarra tocadas de distinto xeito. Foi producido por Avenged Sevenfold.

Listaxe de cancións 01 "Demons" – 06:11 02 "Girl I Know" – 04:23 03 "Crossroads" – 04:30 04 "Flash of the Blade" – 04:01 05 "Until the End" – 04:44 06 "Tension" – 04:50 07 "Walk"– 05:21 08 "The Fight" – 04:07 09 "Dancing Dead" – 05:49 10 "Almost Easy (CLA Mix)" – 03:53 11 "Afterlife (Alternate Version)" – 05:55

Créditos M. Shadows - Voz. Synyster Gates - Guitarra principal, coro. Zacky Vengeance - Guitarra rítmica, coro. Johnny Christ - Baixo, coro. The Rev - Batería, coro, e vocalista en "Critical Acclaim", "Afterlife" e "A Little Piece of Heaven". Orquestración "Until the End" por Brian Haner, Sr. Live in the LBC: mesturado por Allan Hessler, produtores executivos Devin Sarno e Wendy Griffiths.

Categoría:Álbums de Avenged Sevenfold Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums de Warner Bros. Records