O termo capacidade refírese, na linguaxe corrente, ao espazo interior que ten un recipiente, un local etc. considerado en función do que pode conter nel, e tamén ao conxunto de condicións propias dunha persoa ou un animal, en particular os seus dotes intelectuais, que determinan a súa posibilidade de realizar con éxito determinadas tarefa ou cometido, e aínda tamén á maior ou menor posibilidade de actuar, de producir, de xestionar etc., alguén ou algunha colectividade, en función dos medios e recursos de que se dispón.capacidade no dicionario da RAG

Ademais, en campos específicos, pode referirse a:

En física: o espazo ocupado por un corpo, por exemplo, o volume que ocupa un líquido dentro dun recipiente, a capacidade calorífica, ou capacidade térmica, a capacidade da materia para almacenar calor, a capacidade eléctrica, ou capacitancia, a propiedade que teñen os corpos para manteren unha carga eléctrica. O dispositivo máis común que almacena enerxía desta forma é o condensador. Tamén é unha medida da cantidade de enerxía eléctrica almacenada para unha diferenza de potencial eléctrico dada, como sucede nunha pila ou nun acumulador ou batería. En matemáticas: a capacidade dun conxunto do espazo euclidiano é a medida da súa "grandeza". En anatomía e antropoloxía: a capacidade cranial ou capacidade cranial é a medida do volume do interior da caixa cranial. a capacidade de traballo, a capacidade máxima de traballo físico que pode producir un individuo, expresado en volume de oxíxeno por unidade de tempo. En medicina e fisioloxía: a capacidade cardíaca máxima, a capacidade do noso corazón de bombear unha maior cantidade de veces por minuto. a capacidade de difusión do pulmón é a medida da transferencia de gases deste órgano aos glóbulos vermellos nos vasos sanguíneos pulmonares. a capacidade inspiratoria, o volume máximo de aire inspirado despois unha inspiración normal. a capacidade pulmonar, o volume total de aire que poden conter os pulmóns cando están totalmente inchados. a capacidade pulmonar funcional, o volume máximo de aire que pode expulsarse no curso dunha expiración forzada ao máximo. a capacidade pulmonar total, o volume máximo de aire contido nos pulmóns, suma de todos os volumes respiratorios medidos: volume de reserva inspiratoria, volume corrente, volume de reserva expiratoria e volume residual. O seu valor nos humanos oscila entre os 4 500 e os 6 000 cm³. a capacidade pulmonar vital, o volume máximo de aire que pode inspirarse despois dunha expiración forzada; os valores medios nos humanos oscilan, no home, entre 4,4 e 5,5 litros, e na muller, entre 3 e 3,5 litros. a capacidade residual funcional, o volume de aire que queda nos pulmóns despois dunha expiración normal. a capacidade respiratoria máxima, o volume máximo de aire que un individuo é capaz de inspirar en 1 min; os valores normais nos humanos oscilan entre 100 e 150 litros. En fisioloxía a capacidade aerobia, o consumo máximo de oxíxeno dun organismo nunha unidade de tempo. En edafoloxía: a capacidade de campo, a cantidade máxima de auga que pode reter un solo, expresada en porcentaxe, unha vez perdida a auga de percolación. Non se debe confundir coa capacidade de retención. a capacidade de intercambio dun solo, a cantidade total dun ión que o solo pode fixar facilmente. a capacidade de retención, ou retención específica, a relación entre o volume máximo de auga non drenábel por gravidade que pode conter un medio poroso ou fisurado e o seu volume total. Nos se debe confundir coa capacidade de campo. En ecoloxía: a capacidade de carga de poboación é a capacidade dun ambiente para soster unha especie. a capacidade de soporte, a capacidade dun hábitat para proporcionar alimentos, auga e refuxio aos seres que viven nel. a capacidade de tolerancia, a cantidade máxima dun contaminante que pode ser soportada por un ser vivo ou por un ecosistema. En xeomorfoloxía: a capacidade de transporte dunha corrente, a máxima cantidade de achegas detríticas que pode arrastrar unha corrente de auga. En citoloxía: a capacidade mitótica, a probabilidade de que unha célula produza, por mitose, dúas células viábeis. En teoría da información: a capacidade de canle é a capacidade dunha canle de comunicación, é dicir, a cantidade máxima de información que pode transportar dita canle de forma fiábel. En dereito: a capacidade de obrar refírese á calidade xurídica dunha persoa física para realizar validamente determinados actos xurídicos. a capacidade xurídica refírese á posibilidade legal de facer certos actos, tales como a celebración dun contrato. En química industrial: a capacidade do proceso é a cantidade de produto que se obtén nun proceso de fabricación por unidade de tempo. En arquitectura e enxeñaría da construción: a capacidade portante é a capacidade dun terreo para soportar estruturas apoiadas sobre el sen perder a estabilidade. En bioloxía: a capacidade tóxica é a capacidade dun organismo, un sistema orgánico ou un ecosistema de soster a introdución dunha toxina. Notas

Véxase tamén