Para o nacemento dun ser humano, véxase Parto. miniatura|350px|Extensión aproximada de Escitia e os idiomas escitas (en laranxa) no século I a.C.

Os partos (en latín, Parthi) eran un pobo que fundou no século III a.C. un imperio no territorio do que hoxe en día é Irán.

A rexión de Partia quedaba ao nordeste de Irán, coñecido sobre todo por ser a base política e cultural das Dinastías arsácidas polo que o Imperio arsácida é coñecido tamén como o Imperio parto. O nome latino Parthia deriva do antigo persa Parthava ou Partawa, que era a designación que se daban a si mesmos os partos no seu idioma, e que significaba "dos partos".

Xeografía Partia correspóndese en liñas xerais coa metade occidental do Khorasán. Estaba limitada pola cadea montañosa Kopet Dag no norte, o que hoxe sería a fronteira entre Irán e Turkmenistán, e o deserto de Dasht-e-Kavir no sur. Limitaba con Media no oeste, Hircania no noroeste, Marxiana no nordeste e Aria no sueste.

Durante a época arsácida, Partia uniuse con Hircania, que hoxe queda en parte en Irán e en parte en Turcomenistán, como unha soa unidade administrativa, e esa rexión é polo tanto frecuentemente, segundo o contexto, considerada unha parte da propia Partia.

Historia Baixo os aqueménidas Os partos orixinalmente eran unha tribo pertencente aos escitas, que se distinguían por seren criadores de cabalos, camelos bactrianos e por seren comerciantes da Ruta da seda, co nome de parnos (parni ou aparni), e que residían no sueste do Mar Caspio. Despois de conquistar a provincia persa de Partia adoptaron o nome de partos, derivado deste lugar. miniatura|160px|Darío I, O Grande, rei dos persas.

Como unha rexión habitada polos partos, Partia aparece por primeira vez como unha entidade política nas listas aqueménidas dos gobernos locais ("satrapías") baixo o seu dominio. Antes diso, os pobos da rexión parece que estiveran sometidos aos medos,Diakonoff, I. M. (1985): "Media I: The Medes and their Neighbours", in Gershevitch, Ilya, Cambridge History of Iran, 2. Cambridge University Press, páx. 127. e textos asirios do século VII mencionan un país chamado Partakka ou Partukka (aínda que pode que non coincidira topograficamente co que logo foi Partia).Diakonoff, Op. cit. páx. 104.

De calquera maneira, un ano despois de que Ciro I derrotase ao medo Astiaxes, Partia converteuse nunha das primeiras provincias en recoñecer a Ciro como o seu gobernante, "e esta alianza asegurou os flancos orientais de Ciro e lle permitiron dirixir a primeira das súas campañas imperiais contra Sardes".Mallowan, Max (1985): "Cyrus the Great", in Gershevitch, Ilya, Cambridge History of Iran, 2, Cambridge University Press, páx. 406. Segundo as fontes gregas, despois de que Darío I se fixera co trono aqueménida, os partos uníronse co rei medo Fraortes para rebelarse contra el. Histaspes, o gobernador aqueménida da provincia, conseguiu reprimir a revolta, o que parece que ocorreu contra aos anos 522 a.C. / 520 a.C.

A primeira mención irania indíxena de Partia está na inscrición de Behistún de Darío I, onde Partia está incluída entre as satrapías cerca de Drangiana. A inscrición data de ao redor do ano 520 a.C. O centro da administración "puido estar no [o que máis tarde sería coñecido como Hecatómpilo".Cook, J. M. (1985): "The Rise of the Achaemenids and Establishment of their Empire", in Gershevitch, Ilya, Cambridge History of Iran, 2, Cambridge University Press, páxs. 200-291. Os partos tamén aparecen na lista de pobos sometidos aos aqueménidas de Heródoto; o historiador trata aos partos, corasmianos, sogdianos e areicos como pobos dunha soa satrapía (a 16ª),Cook, Op. cit., páx. 252. cuxo tributo anual ao rei di Heródoto que era de tan só 300 talentos de prata. Isto "causou con razón inquietude aos modernos eruditos".

Na batalla de Gaugamela, en 331 a.C., entre as forzas de Darío III e as de Alexandre Magno, unha de tales unidades partas era comandada por Fratafernes, que daquela era o gobernador aqueménida de Partia. Tras a derrota de Darío III, Fratafernes entregou o seu goberno a Alexandre cando o macedonio chegou alí no verán de 330 a.C. Fratafernes foi nomeado de novo gobernador por Alexandre.

Baixo os seléucidas miniatura|esquerda|Alexandre combate contra o rei persa Darío III na batalla de Issos. Detalle do mosaico da Casa do Fauno de Pompeia. (Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles). miniatura|esquerda|Moeda de Andrágoras, o último sátrapa seléucida de Partia. Proclamou a independencia de Partia ao redor do ano 250 a.C.

Despois da morte de Alexandre, na Partición de Babilonia do ano 323 a.C., Partia converteuse nunha rexión seléucida con Nicanor. Fratafernes, o anterior gobernador, converteuse en gobernador de Hircania.

En 320 a.C., no Pacto de Triparadiso, Partia reasignouse a Filipo, anterior gobernador de Sogdiana. Uns poucos anos máis tarde, a provincia foi invadida por Peitón, gobernador de Media Maior, quen intentou facer gobernador ao seu irmán Eudamo. Peitón e Eudamo foron derrotados, e Partia permaneceu como unha rexión por dereito propio.

En 316 a.C., Estasander, un vasalo de Seleuco I Nicátor e gobernador de Bactria e ao parecer tamén de Aria e Marxiana, foi nomeado gobernador de Partia. Durante os seguintes sesenta anos, varios seléucidas serían gobernadores da provincia.

En 247 a.C., despois da morte de Antíoco II Theos, Tolomeo III tomou o control da capital seléucida en Antioquía, e "desta maneira deixou o futuro da dinastía seléucida por un momento en cuestión".Bivar, A. D. H. (2003): "Pre-Islamic History", Encyclopaedia Iranica, 11, New York: Iranica. Aproveitando a incerteza da situación política, Andrágoras, o gobernador seléucida de Partia, proclamou a súa independencia e comezou a cuñar as súas propias moedas.

"Un home chamado Arsaces, de orixe escita ou bactriana, [foi] elixido líder dos Parni",Bivar, A.D.H. (1983), "The Political History of Iran under the Arsacids", in Yarshater, Ehsan, Cambridge History of Iran, 3.1, London: Cambridge Umiversity Press. uns pobos iranios orientais do val do río Taxen, ao sueste do Mar Caspio.Lecoq, Pierre (1987): "Aparna"", Encyclopaedia Iranica, 2, New York: Routledge & Kegan Paul, páx. 151. Despois da secesión de Partia con respecto ao Imperio seléucida e a consecuente perda do apoio militar seléucida, Andrágoras tivo dificultades para manter as fronteiras e, contra o ano 238 a.C., baixo o mando de "Arsaces e o seu irmán Tirídates"Bivar, Op. cit., páx. 29. os Parni invadiron Partia e tomaron o control de Astabene (Astawa), a rexión setentrional daquel territorio, cuxa capital administrativa era Kabuchan.Bickerman, Elias J. (1983): "The Seleucid Period", in Yarshater, Ehsan, Cambridge History of Iran, 3.1, Cambridge University Press, páx. 19.

Desde 250 a.C. a 238 a.C. os partos conquistaron, baixo o seu rei Arsaces, as rexións persas do Imperio dos seléucidas e renovaron desta maneira o Imperio persa.

Un pouco despois de que os parni tomaran o resto de Partia a Andrágoras, matárono no proceso. Aínda que unha inicial expedición punitiva dos seléucidas con Seleuco II non tivo éxito, os seléucidas baixo Antíoco III o Grande recuperaron o territorio controlado polos arsácidas en 209 do sucesor de Arsaces (ou Tirídates), Arsaces II. Arsaces II pediu a paz e aceptou un status de vasalo,Bivar, Op. cit. páx. 29. e non foi até o tempo do neto de Arsaces II (ou seu sobriño-neto) Fraates I cando os arsácidas/Parni comezarían de novo a afirmar a súa independencia.Bivar, Op. cit., páx. 31.

Imperio Parto

Desde a súa base en Partia, os arsácidas co tempo estenderon o seu dominio até incluír nel a maior parte do Gran Irán. Incluso cando os arsácidas só esporadicamente tiveron a súa capital en Partia, a base do seu poder estaba alí, entre as familias feudais partas, de cuxo apoio militar e financeiro dependían os arsácidas. A cambio do seu apoio, estas familias recibiron amplas concesións de terra nos territorios conquistados adxacentes a Partia, que a nobreza parta entón gobernou como gobernadores provinciais. As máis grandes destas cidades-estado foron Kuchan, Semnán, Gorgan, Merv, Zabol e Yazd. miniatura|esquerda|250px|Imperio parto na súa máxima expansión, a finais do século I a.C.

No ano 141 a.C., con Mitrídates I como rei, os partos engadiron Mesopotamia ao seu imperio. Mitrídates foi o primeiro en ostentar o título de "Sháh an Sháh" (Rei de reis).

Con Mitrídates II (124/123 – 88/87 a.C.) ábrese, no ano 115 a.C., a ruta da seda, recibindo unha delegación do emperador chinés Liu Che, o Guerreiro (Wu Di).

Desde ao redor do ano 105 a.C. en adiante, o poder e a influencia do grupo de familias nobres partas era tal que frecuentemente se opuxeron ao monarca e, co tempo, chegarían a ser un "factor decisivo na caída da dinastía".Schippmann, Klaus (1987): "Arsacids II: The Arsacid Dynasty", Encyclopaedia Iranica, 2, New York: Routledge & Kegan Paul, páx. 527.

Desde o ano 130 a.C. en adiante, Partia sufriu numerosas incursións por varias tribos nómades, incluíndo aos sakas, os ieuchi e os masaxetas.

Cada vez, os arsácidas responderon, facéndoo incluso cando había ameazas máis severas dos seléucidas ou dos romanos, que os ameazaban nas fronteiras occidentais do seu imperio, como ocorreu con Mitrídates I).

Defender o Imperio dos nómades custoulle a vida a Fraates II e a Artabano I.Schippmann, Op. cit., páx. 527.

miniatura|200px|Xinete parto, actualmente exposto no Palacio Madama de Turín. miniatura|200px|Reprodución dun arqueiro parto tal como está representado na Columna de Traxano. Pouco despois do seu primeiro encontro cos romanos, o Imperio parto convértese en rival de Roma para conseguir a hexemonía ao leste do Mediterráneo. Unha infinidade de confrontacións militares caracterizou desde entón a relación entre os dous estados.

Unha das derrotas romanas máis soadas foi seguramente a batalla de Carrhae, do ano 53 a.C., na que 20.000 soldados romanos perderon a vida e 10.000 quedaron cativos dos partos. A causa desta batalla fora a ruptura do contrato do ano 69 a.C. que recoñecía ao Éufrates como fronteira entre ambas as potencias, por parte de Marco Licinio Craso, gobernador romano da provincia de Siria.

Ao redor do ano 32 a.C. unha guerra civil estalou entre un tal Tirídates, que se rebelou contra Fraates IV, probabelmente co apoio da nobreza que Fraates perseguira previamente. A revolta foi inicialmente exitosa, pero fracasou o ano 25 a.C.Schippmann, Op. cit., páx. 528.

No ano 20 a.C., baixo Augusto, o Imperio romano e o Parto recoñeceron de novo o Éufrates, coa cidade Dura Europos, como fronteira.

No ano 9 ou 8 a.C., a nobreza parta conseguiu poñer ao rei que prefería no trono, pero este, Vonones, demostrou ser demasiado estrito controlando o orzamento, así que o trono foi usurpado por Artabano I, quen parece que era un nobre parto non arsácida.

Pero cando Artabano intentou consolidar a súa posición, fracasou nas rexións onde os gobernantes provinciais partos prevaleceron.Schippmann, Op. cit., páx. 529.

Houbo novos conflitos bélicos co Imperio romano baixo o mandato de Nerón (54 –68 d.C.).

Traxano conseguiu vitorias importantes sobre os partos, polo que recibiu o sobrenome de "Pártico", aínda que non conseguiu a aniquilación completa do territorio.

Con Adriano seguiu unha época de paz relativa aínda que xa baixo Marco Aurelio volveron producirse enfrontamentos e os partos recuperaron os territorios perdidos.

A miúdo nas guerras cos partos demóstrase o mesmo esquema: tras unha ofensiva sorprendente que moitas veces conseguía chegar até Siria ou a Armenia, segue un contraataque romano con tropas de reforzo. Estas frecuentemente eran exitosas e conseguían reconquistar Armenia e Mesopotamia. A capital parta, Ctesifonte, tamén caeu repetidas veces.

Porén, os romanos nunca conseguiron consolidar as súas conquistas e, despois da súa retirada, restablecíase a situación inicial. Á vista das numerosas guerras, a fronteira do Éufrates mostrouse sorprendentemente estábel.