Sylvester Groth, nado o 31 de marzo de 1958 en Jerichow, é un actor e tenor alemán.

Traxectoria A súa primeira aparición importante no cinema foi no filme Stalingrad en 1993. Porén, é recoñecido internacionalmente por traballar con Quentin Tarantino no filme Inglourious Basterds, onde interpreta a Joseph Goebbels.

Groth xa interpretara a Goebbels no filme alemán Mein Führer – Die wirklich wahrste Wahrheit über Adolf Hitler, dirixido por Dani Levy no 2007.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb .

Categoría:Actores de Alemaña Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Saxonia-Anhalt