O termo Porco pode referirse a:

O porco, animal doméstico (Sus scrofa): Con distintos adxectivos (porco bravo, fero, montés), o xabaril; A candorca, que tamén recibe o nome de porco de/do mar;Ríos Panisse recolle de diversos autores este nome tamén para outros cetáceos, coma o cachalote, a balea xuvenil, o arroaz ou a toliña; mesmo tamén aplicado ó peixe espada. Supón, pola descrición das fontes que realmente se refiren á candorca. O porco teixo ou teixugo (Meles meles); O porco espiño, un mamífero roedor africano (Hystrix cristata); O porco de Indias, máis coñecido como coello de Indias; O porco de mar, ou bispo,bispo, 3ª acep. no Dicionario da RAG (Scorpaena porcus), un peixe semellante ó escarapote (Scorpaena scrofa); O peixe porco (Oxynotus centrina). Co mesmo nome desígnanse tamén outras especies de peixes: Peixe porco (balístidos) (Balistes carolinensis) (tamén chamado porquiño e roncón); Peixe golpe (Alopias vulpinus), unha especie de tiburón, máis coñecido por raposo do mar; Peixe lúa (Mola mola);Ríos Panisse, que dubida desta identificación, supón que o nome se deba á gran cantidade de organismos que pode presentar sobre a pel (algas, moluscos e outros invertebrados mariños). O porco do mar, un dos nomes das lesmas do mar ou borrachas (Aplysia spp); Mazá do porco, unha variedade de mazás pequenas e bravas; Herba do porco, unha herba do xénero Helleborus.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza A Fonte do Porco, lugar da parroquia de Ligonde, no concello de Monterroso; A Ponte do Porco, lugar da parroquia de Miño, no concello de Miño; A Ponte do Porco, lugar da parroquia de San Pantaión das Viñas, no concello de Paderne; Vadeporco, lugar da parroquia da Ponte do Porto, no concello de Camariñas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos