miniatura|dereita|222px|Creación do Sol e da Terra de Michelangelo. miniatura|200px|Nome de Iavé en hebreo. O concepto teolóxico, filosófico e antropolóxico de Deus (do latín: Deus) fai referencia a unha deidade suprema. Deus é o nome que se lle dá en galego a un ser supremo omnipotente, omnipresente, omnisciente e persoal en relixións teístas e deístas (e outros sistemas de crenzas) quen é: ou ben a única deidade, no monoteísmo, ou a deidade principal, nalgunhas formas de politeísmo, coma no henoteísmo.Swinburne, R. G.: «God», en Honderich, Ted (ed.): The Oxford Companion to Philosophy. Oxford (Reino Unido): Oxford University Press, 1995.
Deus tamén pode referirse a un ser supremo non persoal coma no panteísmo, e nalgunhas concepcións é unha mera idea ou razoamento sen ningunha realidade subsistente fóra da mente, coma nos sistemas materialistas.
A miúdo, Deus é concibido como o creador sobrenatural e supervisor do universo. Os teólogos adscribiron unha variedade de atributos ás numerosas concepcións diferentes de Deus. Entre estas, as máis comúns son omnisciencia, omnipotencia, omnipresenza, omnibenevolencia (perfecta bondade), simplicidade divina, e existencia eterna e necesaria. Deus tamén foi concibido como de natureza incorpórea, un ser persoal, a fonte de toda obrigación moral, e o «maior ser concibible con existencia». Estes atributos foron descritos en diferentes graos polos primeiros filósofos-teólogos xudeus, cristiáns e musulmáns, incluídos Maimónides, Agostiño de HiponaEdwards, Paul (1995): «God and the philosophers», en Honderich, Ted (ed.): The Oxford Companion to Philosophy. Oxford (Reino Unido): Oxford University Press, 1995. e Al-GhazaliPlatinga, Alvin. "God, Arguments for the Existence of," Routledge Encyclopedia of Philosophy, Routledge, 2000., respectivamente. Moitos destacados filósofos medievais e filósofos modernos desenvolveron argumentos a prol da existencia de Deus. De xeito análogo, numerosos filósofos e intelectuais de renome desenvolveron argumentos en contra.
Etimoloxía Exposición
En galego, do mesmo xeito que nas outras linguas romances, a palabra «deus» vén directamente do latín deus, ‘deidade’. O termo latino deriva á súa vez do indoeuropeo *deiwos,O asterisco indica que esta palabra realmente non se coñece senón que foi deducida. da raíz *deiw-, ‘brillar, ser branco’, da que deriva así mesmo o termo grego Ζεύς (Zeus). De feito, a palabra galela deus é idéntica a pronuncia á grega Διός (Deus), forma xenitiva de Zeus (o principal Deus da mitoloxía grega, pai dos "theos", que son os deuses menores). Desta mesma raíz indoeuropea derivan o latín dies (‘día’) e o grego δῆλος (‘visible, patente’). A pesar do seu parecido co termo grego análogo, θεός (theós, ‘deidade, deus’), este deriva da raíz indoeuropea *dhēs-, de significado descoñecido, pero que orixinou en latín palabras de significado inicialmente relixioso como feira ou fanatismo.
miniatura|upright|Porcentaxes de crenza en Deus en Europa. As cores máis escuras denotan un maior culto, mentres que as máis claras marcan unha menor crenza, consecuencia doutras prácticas relixiosas.
A forma indoeuropea *deiw-os aparece en moitas familias indoeuropeas sistematicamente asociado a *pəter (‘pai’) na forma composta *dyeu-pəter. En sánscrito tardío a forma aparece xa como Diaus Pitar, mentres que en grego existe a forma Ζεὺς Πατῆρ (Zeùs Patḗr), análoga á latina Iu Piter (Xúpiter). O latín deus, en outras linguas romances, derivou en deus (galego-portugués), dios en castelán, dieu (francés), dio (italiano), déu (catalán) ou [dumne]zeu (romanés), entre outros.
Nas linguas xermánicas a palabra para designar á deidade provén da raíz protoxermánica *ǥouđan, de onde veñen god (inglés e neerlandés) ou Gott (alemán). Esta raíz derivaría da forma indoeuropea reconstruída *ǵhu-tó-m, proveniente da raíz *ǵhau(ə)-, ‘chamar, invocar’.Oxford English Dictionary Compact Edition, G, páx. 267. . A orixe da palabra got é moi antigo, e non se estende cara a ningunha outra familia indoeuropea con excepción da irania. . Hai, tamén, quen asocia a orixe de god coa raíz protoindoeuropea *ghu-to-, e esta de *gheu-, 'verter, facer unha libación', e a súa orixe sería polo tabú de nomear aos deuses cambiando o seu nome polo do rito utilizado. Uso de maiúsculas A palabra «Deus» cando se usa por antonomasia —é dicir, cando non se emprega como nome común—, do mesmo xeito que calquera nome propio, escríbese en maiúscula. Escrita así, nunca recibe un artigo e, na gran maioría de casos, tampouco posesivos nin demostrativos. Exemplos: «Creo en Deus»; «Xehová/Alá é Deus»; «Despois de que Deus se manifestase nos seus soños»; etc.
Cando «deus», por outra banda, úsase como substantivo habitual, escríbese en minúscula como calquera substantivo (agás ao comezo dunha frase ou título). É sempre o caso cando recibe un artigo (definido ou indefinido) ou cando se escribe en plural (xa que en galego, a diferenza dalgúns idiomas como o hebreo, o nome de deus é sempre singular). Exemplos: «Non é un deus vingativo»; «Xehová e Alá son deuses»; «É o deus dos xudeus e cristiáns»; «Os seus deuses abandonáronno»; etc.
Nalgúns casos, aínda que pouco comúns, o nome de Deus (con maiúscula) pode ir precedido por un posesivo ou demostrativo, dependendo do significado e entoación da frase:
- Este deus do que falas vs. Este Deus do que falas ou Este «Deus» do que falas – na primeira opción trátase dun deus en xeral, mentres que na segunda (con entoación na palabra Deus) se refire ao nome de Deus mencionado como tal polo emisor (polo tanto, unha cita ou repetición).
- Este é o meu deus vs. Este é o meu Deus – na primeira opción trátase dunha afirmación xenérica, mentres que a segunda (con entoación no posesivo o meu) é unha afirmación comparativa, como sería no caso doutros nomes (Sei que Xoán che axuda, pero este de aquí é o meu Xoán).
Todos os apelativos de advocacións escríbense en maiúscula, por exemplo, o Señor, o Creador, etc. Nos textos relixiosos, os pronomes e adxectivos relativos a Deus tamén se escriben con maiúscula, como fórmula de respecto. Por exemplo, escríbese «El», «O seu», «Ti», «Vós», «Todopoderoso» (tanto como substantivo como adxectivo de Deus), etc. Cando se trata dun uso metafórico, escríbese en maiúscula ou minúscula segundo o caso, por exemplo: «Crese Deus» vs. «Crese un deus».
Concepcións do ser supremo miniatura|upright|A miúdo Deus é imaxinado como unha forza da natureza ou como un ente consciente que se pode manifestar nun aspecto natural. Tanto a luz como a penumbra son símbolos recorrentes para representar a Deus. A definición máis común de Deus é a dun ser supremo, omnipotente, omnipresente e omnisciente; creador, xuíz, protector e, nalgunhas relixións, providente e salvador do universo e da humanidade.
Sobre esta definición existen variacións.Swinburne, R. G.: «God», en Honderich, Ted (ed.): The Oxford Companion to Philosophy. Oxford (Reino Unido): Oxford University Press, 1995.
Deus definido como un ser supremo persoal miniatura|upright|esquerda|A obra "Deus bendixo o sétimo día", unha acuarela da versión deísta de Deus por William Blake (1757-1827). Poden darse, segundo as distintas visións, características variadas e non sempre armonizables entre si. Ademais, hai quen cre nun Deus persoal, baseándose en argumentos filosóficos, pero sen necesidade de acudir a unha relixión (deísmo), mentres outros consideran a Deus con argumentos relixiosos sen excluír outros argumentos como filosóficos, un ser co cal tratan e esperan unha acción salvadora a favor dos seres humanos (teísmo).
Características asignadas en distintas crenzas:
Deus é capaz de insuflar o alento adecuado que permite aos seus adoradores sosteren o sistema de autogoberno que el mesmo define nun compendio de leis, normas e principios catalogados nunha colección de libros definidos como sacros polos seus seguidores, e cuxos redactores humanos declaran ser guiados pola iluminación divina. Ao insuflar ese poder, non causa sufrimento engadido ao sistema de vida rutineiro. Nalgunhas relixións, Deus é o creador do universo.Véxase Xénese (capítulo 1), Carta de san Paulo aos romanos (capítulo 2); Credo nicenoconstantinopolitano. Algunhas tradicións sosteñen que, ademais de creador, Deus é conservador (teísmo), transformador e inmutable, mentres que outros opinan que Deus é unicamente creador (deísmo). Algúns filósofos afirman que Deus é o principio incondicionado que explica a existencia de todo. Non é, polo tanto, un concepto ao que chegue o pensamento, senón un postulado do pensar,Augusto, Roberto (1978-): «Las “Stuttgarter Privatvorlesungen” de Schelling: Dios, libertad y potencias», artigo en: Cuadernos Salmantinos de Filosofía, n.º 37, páx. 188. Salamanca (España): Universidade Pontificia de Salamanca, 2010. ou, como diría santo Tomás, un prolegómeno á fe.
Nas relixións monoteístas ―bajaísmo, cristianismo, islam, xudaísmo, krisnaísmo e sikhismo―, o termo «Deus» refírese á idea dun ser supremo, infinito, perfecto, creador do universo, que é pois, o comezo e o final de todas as cousas. Dentro das características principais deste Deus supremo cóntanse principalmente:
Omnipotencia: poder absoluto sobre todas as cousas; Omnipresenza: poder de estar presente en todo lugar; Omnisciencia: poder absoluto de saber as cousas que foron, que son e que sucederán.
Postulan que Deus é un ser amoroso coa súa creación e xusto e, no cristianismo, que por medio do Espírito Santo pode instrumentalizar a persoas escollidas para realizaren a súa obra e que Deus é ademais intelixencia e pode expresar emocións como alegría, cólera ou tristeza. A obra de Deus sería dar aos seres humanos o agasallo da salvación e a vida eterna. miniatura|upright|Imaxe do deus El vencendo a dous leóns, tallado no mango do coitelo cerimonial de Gebel el-Arak. Segundo unha palabra semítica do noroeste, que tradicionalmente se traduce como ‘Deus’, referíndose á máxima deidade. Algunhas veces, dependendo do contexto, permanece sen tradución (quedando simplemente El) para referirse o nome propio de Deus.